Onte os veciños de Soutomaior puideron coñecer de primeira man o Plan de Emerxencia da actual Presa De Eiras. Nun acto celebrado no Multiúsos de Arcade no que, ademais do Alcalde de Soutomaior, participaron o Xefe Territorial do Servizo Emerxencias, Miguel Dubois, e o Técnico de Augas de Galicia, Rubén Curros, os asistentes recibiron toda a información necesaria para saber como actuar en caso de emerxencia.
No acto estivo tamén o concelleiro e xefe de Protección Civil, Carlos Bas, que xunto a varios efectivos, non perderon detalle dos temas tratados e asumiron o seu importante labor.
O acto terminou coa proxección dun vídeo explicativo, que podes encontrar no facebook do Concello. Tamén se repartiron uns folletos que podes descargar aquí.