Lunes, 22 de Abril de 2013 09:41
VII Semana do Libro
VII Semana do Libro de luns 22 a venres 25 ás 17,30 Horas .
A Biblioteca Municipal en Arcade celebra esta semana a VII Semana do Libro.
De luns a venres todos os días ás 17,30 horas terán lugar unha serie de conta contos e talleres de de ilustración.
Luns 22- Contacontos "o aviador" Compañía: Elefante Elegante Idade recomendada: maiores 4 anos
Martes 23- Obradoiro de ilustración con M.Uhía Inscrición previa - Idade recomendada: 6 a 10 anos
Mércores 24-Contacontos "Caso pechado" Compañía: Raquel Queizás - Maiores 12 anos
Xoves 25 - Contacontos "O comezo do mundo" Compañía: Soidade Felloza Humor para adultos
Venres 26 Contacontos para bebés: "Nanocontos" Compañía: : Raquel Queizás Menores de 3 anos
|
Jueves, 21 de Marzo de 2013 13:57
Recital Poético Musical
Biblioteca Municipal-Arcade Xoves 21 de marzo ás 19,00 Horas
O Recital poético musical “Cantazo a la primavera” que terá lugar o xoves 21 de marzo de 2013 ás 19 h. Neste evento recitaránse poesías do libro humorístico “Las 1000 peores poesías de la Lengua Española” de Jorge Llopis.
O recital está a cargo do grupo: Amistad de Pontevedra O recital terá unha duración de 40 minutos.
O finalizar o recital sortearemos un total de 80 libros (novos, actuais e para todas as idades) entre os asistentes.
Pensamos que esta é unha actividade interesante e sobre todo divertida especialmente para o público adulto
Viernes, 01 de Febrero de 2013 11:39
Biblioteca Municipal - Arcade
A biblioteca municipal do Concello de Soutomaior en Arcade poñerá en marcha durante os próximos meses uns obradoiros de creatividade manual para mozos e mozas de 10,11 e 12 anos. Porcelana fría, creacións con feltro, goma eva e scrapbooking.
Son 10 as prazas que hai por curso e seguirán esta orde:
Febreiro: PORCELANA FRÍA: Luns 4,11,18 e 25 de 18,15 a 19,45 Horas
Marzo: GOMA EVA: Luns 4,11,18 e 25 de 18,15 a 19,45 Horas
Abril: CREACIÓNS CON FELTRO: Luns 8,15,22 e 29 de 18,15 a 19,45 Horas
Maio: SCRAPBOOKING: Luns 6,13,20 e 27 de 18,15 a 19,45 Horas
Mais información no teléfono 986 700291
Miércoles, 30 de Enero de 2013 13:40
Xoves de Conto
XOVES 7 DE FEBREIRO ÁS 17,30 HORAS BIBLIOTECA MUNICIPAL ARCADE.
A actriz e narradora Raquel Queizás achegará hoxe, a partir das 17.30 horas, o seu repertorio de contos aos que se acheguen ata Biblioteca Municipal en Arcade para gozar dunha nova xornada dos “Xoves de Conto “, coa historia “Contos do Cestiño”
Os meus contos non son contos calquera -sinala- senón aqueles que se escapan dos libros cando os deixamos abertos. Escóndense en calquera sitio, debaixo dun zapato, no nariz... e o primeiro que hai que facer é atrapalos.
Esta galega, licenciada en Filosofía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, coñece todas as ramas das artes escénicas, dende a interpretación, a expresión corporal, a comedia, o mimo, a voz ou o canto, entre outras.
Actualmente forma parte do elenco da compañía Galitoon que participa en obras como Rosalía, a pulga que escribía ou Los limóns
Recomendado para nenos e nenas de 3 a 9 anos. Entrada libre. Duración 50 minutos
Lunes, 17 de Diciembre de 2012 14:25
Campaña Solidaria-Biblioteca
CAMPAÑA SOLIDARIA NA BIBLIOTECA DO CONCELLO SOUTOMAIOR.
A Biblioteca Municipal de Soutomaior vai levar a cabo ao longo da semana unha campaña solidaria para axudar aos máis necesitados nestes momentos en colaboración con Cáritas.
Todas a bibliotecas necesitan facer cada certo tempo un expurgo entre os seus fondos para retirar libros duplicados ou que están un pouco "desfasados" no tempo.
Este labor foise facendo na Biblioteca Luis Seoane nos últimos meses e aproveitando as datas nas que estamos, entre o luns 17 e o venres 21 de decembro iníciase unha campaña do Nadal denominada "Libros por alimentos".
A idea é que todos os interesados en conseguir algún dos libros, os poidan levar a cambio de alimentos que se destinarán a Cáritas para que os distribúa entre os que o necesitan.
|
|
|
|
|
|
Página 1 de 2 |