Artículos de Cultura, Fiestas, Turismo, Patrimonio

PDF Imprimir E-mail

Programación XXVII Festa da Ostra

XXVII Festa da Ostra en Arcade

6 e 7 e Abril 2013 Peirao de Arcade

Viernes 5 de Abril: As 18,00 Horas no Concello, homenaxe a Dª Consuelo Vilán Carbajal, pola súa dedicación como Presidenta das Mariscadoras de Arcade nos ùltimos anos.

Sábado 6 de Abril:

As 12,00 Horas, apertura de casetas de venta de ostras

As 17,00 Horas no recinto exterior do Multiusos, hinchables e obradoiros para nenos/as (Colaboración de Gas Natural)

As 22,00 Horas verbena coas orquestras Solara e Tango As 24.00 Horas Tirada de Foguetes Artificiais

Domingo 7 de Abril: As 10,00 Horas, apertura de casetas de venta de ostras

A partir das 11,00 Horas , pasarrúas a cargo da banda de Música Cultural de Arcade e Agrupación Músical Artística de Arcade

As 13,00 Horas: Pregón a cargo de Benino Campos, do programa Larpeiros da TVG

 
PDF Imprimir E-mail

Premios XIII Certame da Camelia

A orixinalidade e a calidade das flores foron as protagonistas do XIII Certame da Camelia en Soutomaior.

Ao longo do fin de semana desenvolveuse un concurso no que participaron 26 expositores do municipio e 35 de fóra, principalmente das Rías Baixas.

A chuvia impediu que o domingo as flores se puidesen apreciar no seu máximo esplendor, pero non restou afluencia de xente. Na categoría de mellor flor resultou vencedora Eva Martínez Seoane cunha camelia branca inmaculada que a Sociedade Española da Camelia valorou especialmente pola súa uniformidade de ton.

A composición artística recalou na Asociación de Veciños de Romariz, que realizou un bambán coas flores.

Na categoría de colexios venceu 1º e 2º de Primaria do Colexio Apóstol cun ramallete feito de plastilina e papel de xornal.

O premio especial Lelita Gradín foi para MªCarmen Pérez e en mellor escaparate gañou Lotarías Paco Trinta.

As fotos do XII Certame da Camelia pódense visionar en www.soutomaior.com (galería fotográfica)

 
PDF Imprimir E-mail

XIII Certame da Camelia - 2013

Este próximo fin de semana (23 e 24 de Marzo ), vaise celebrar no Castelo de Soutomaior o  XIII Certame e Exposición da Camelia.

Xa teñen confirmada a súa asistencia máis de 50 expositores, entre os que se encontran concursantes locais, expositores de fóra de Soutomaior e comerciantes locais que participan adornando os escaparates dos seus comercios con esta fermosa flor tan típica de Galicia.

A exposición xa poderase visitar a partir do sábado pola tarde e o domingo durante todo o día.

A entrega de premios levarase a cabo o domingo ás 18:00 h. Nesta ocasión hai varias categorías de premios: -1º,2º e 3º para a mellor flor e para a mellor composición artística dos traballos expostos no propio Castelo. -

Tamén haberá 3 premios para os traballos dos alumn@s presentados polos colexios do municipio. -Premiarase tamén á mellor flor e á mellor composición artística dos escaparates dos comerciantes. - E por último, haberá un premio especial que leva o nome da fundadora do Certame, Lelita Gradín.

 
PDF Imprimir E-mail

XIII Certame da Camelia

Durante o sábado 23 e o domingo 24 de Marzo o Concello de Soutomaior acollerá a décimo terceira edición do Certame da Camelia de Soutomaior.

A cita terá lugar como cada ano no Castelo de Soutomaior e os asistentes poderán gozar dunha interesante exposición sobre a camelia, nun ámbito de beleza incomparable dende o que se divisa a Ría Vigo.

O horario da exposición será de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 para as dúas xornadas e a entrada será gratuíta para todos os públicos.

A inscrición para poder participar no XIII Concurso de Camelias deberá realizarse antes do 15 de Marzo nas oficinas do Concello ou a través da web municipal www.soutomaor.com.

As modalidades serán: Individual, Expositor, Colexios e Comercios

Os premios aos mellores exemplares de camelias serán entregados o domingo 24 ás 18.00 horas

 
PDF Imprimir E-mail

Desfile de Comparsas 2013

DESFILE DE COMPARSAS.

Este sábado día 16 de Febreiro o Concello de Soutomaior organiza o Desfile de Comparsas do Carnaval 2013 a partir das 5 da tarde. Discorrerá pola Avenida Xosé Solla e por rúa Rosalía de Castro.

15 Comparsas mostrarán o seu ritmo e vestiario polo Centro de Arcade.

Abrirá o desfile a Charanga Rías Baixas seguidos polos nenos e nenas dos talleres que organiza a Concellería de Xuventude que mostrarán os seus traballos de Carnaval.

As comparsas locais "Ás Marchosas", "Miudos" e os de “Moreira a Tope” presentaranse ante o seu público.

Tamén terán protagonismo as comparsas foráneas de Tomiño (Os terribles de Tebra e Alecrin), Redondela (Airiños da Peneda), Pazos de Borbén (Cor Café), Pontecaldelas (Os caníbales do seculo XXI) e Veira do Río de Pontesampaio entre outros.

 

 


Página 1 de 18
  • Video documental
  • En la Biblioteca

El Estrecho de la Madre de Dios.
Una novela de aventura entre mares y piratas.
La Novela Hispano Americana.
Una historia que te lleva a la América colonial del siglo XVII
Los guardianes del tiempo.
En términos filosóficos, una forma de ver la vida.
Don Quijote de la Mancha.
"En un lugar de la Mancha..."

Agenda Municipal


  • Plazo de inscripción: durante todo el año

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 o enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO