Artículos de Deportes y Pabellón Municipal

PDF Imprimir E-mail

IV Aberto de Tenis e Padel 2013

IV Aberto de Tenis e Pádel Soutomaior 2013

Pistas do Pavillón municipal A Montesiña do 1 ao 7 de xullo

Organizado polo Club A.D.Tenis e Padel Soutomaior e coa colaboración do Concello, ábrese o prazo de inscrición do IV Torneo aberto de Padel e Tenis.

O torneo de Tenis será en categoría individual ,o torneo de Pádel será Masculino, Feminino e Mixto Haberá dúas categorías para o cadro masculino A e B e todas as categorías disputaranse por eliminatorias con cadro de consolación.

As inscricións dende o 17 a 28 de Xuño na instalacións do Pavillón Municipal e alí mesmo celebrarase o sorteo o 29 de xuño ás 20,00 Horas

Todos os participantes recibirán un obsequio e o prezo de inscrición é de 5 € para os socios do Club A.D.Tenis e Padel Soutomaior e 15 € para os non socios.

 Para máis información no teléfono 618373411 ou na páxina do club: https://www.sites.google.com/site/tpsoutomaior/

 
PDF Imprimir E-mail

Remata o prazo de inscrición das Actividades de Verán 2013

Remata o prazo de inscrición das Actividades de Verán 2013

 Este martes día 18 de xuño finaliza o prazo de inscrición das Actividades de Verán 2013.

O Concello de Soutomaior espera participen mais de 300 nenos e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

As inscricións pódense realizar no Concello, Pabellón,Biblioteca e Omix. O prezo é de 10 € por participante.

7 Monitores acompañasen a cada grupo nas súas actividades parte dos monitores propios de cada actividade. Distribuiranse os participantes en 5 grupos por idade.

 
PDF Imprimir E-mail

Festival de Patinaxe

Festival de Patinaxe.

Este venres día 14 de xuño a partir das 19,30 Horas no Pavillón Municipal A Montesiña celebrarase o Festival de Patinaxe organizado polo Club Patinaxe Artística Soutomaior coa colaboración do Concello de Soutomaior.

Actuarán xunto co club organizador as Escolas Deportivas de Patinaxe do Concello de Soutomaior, o Club Bolboreta de Redondela e o Club Patinaxe Aguia de Vigo.

Animamos a todos para que asistan a este Festival e así poder ver estes clubs de patinaxe que están a obter distintos éxitos nos diversos trofeos e campionatos que se celebran en Galicia.

 
PDF Imprimir E-mail

Actividades de Verán 2013

O Concello de Soutomaior pon en marcha as Actividades de Verán 2013.

 Iniciado o período de inscrición ata o 18 de xuño, o Concello de Soutomaior dá o primeiro paso para poñer en marcha as Actividades de Verán 2013 onde se espera participen mais de 350 nenos e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

As inscricións pódense realizar no Concello, Pabellón,Biblioteca e Omix. O prezo é de 10 € por participante.

7 Monitores acompañasen a cada grupo nas súas actividades parte dos monitores propios de cada actividade.

Distribuiranse os participantes en 5 grupos por idade.

As Actividades presentaranse aos participantes o sábado 29 de Xuño ás 12,00 Horas no Multiúsos de Arcade onde se distribuirán os folletos coa programación da 1ª semana

 
PDF Imprimir E-mail

Festival Clausura Escolas Deportivas

As Escolas Deportivas 2012-2013 do Concello de Soutomaior finalizaron co Festival de Clausura celebrado o pasado sábado.

Máis de 270 nenos e nenas fixeron gala das súas habilidades deportivas diante dun pavillón de deportes da Montesiña abarrotado de público.

Os deportistas de Iniciación ao deporte,Tenis e Padel,Gimnasia Rítmica, patinaxe etc. foron pasando pola pista onde os nervios iniciais deron paso a actuacións memorables.

 Neste Festival de clausura colaboraron os clubs: Kick Boxing Arcade. Club Patinaxe Soutomaior,Club Amigos Whu-Shu,Club Treboada e Club Náutico Arcade.

 


Página 1 de 14