Martes, 19 de Junio de 2012 12:50
Campionato Provincial Fútbol Sala Ligas Locais
Este sábado día 23 celebrarase no Pavillón Municipal "A Montesiña" a fase final do Campionato Provincial de Futbol Sala Ligas Locais.
Os representantes do Concello de Soutomaior son "O Lagar" e "Mármores Vergara"
|
Viernes, 08 de Junio de 2012 08:35
ACTIVIDADES DE VERÁN 2012
O próximo luns día 11 de Xuño ata o venres día 22 ábrese o prazo para a inscrición das Actividades de Verán 2012.
Os mozos e mozas do municipio de Soutomaior poderán disfrutar, unha vez máis, das ACTIVIDADES DE VERÁN 2012 que ofrecen as Concellarías de Deporte, Cultura e Xuventude dende hai máis de 11 anos.
Os interesad@s que estean empadroados en Soutomaior, poderanse anotar no Concello, no Pavillón "A Montesiña", na Biblioteca "Luis Seoane" ou na OMIX situada no Multiusos do 11 ao 22 de xuño. A presentación do programa das actividades darase a coñecer o sábado 30 xuño ás 12,00h da mañá no Multiusos de Arcade.
Viernes, 01 de Junio de 2012 13:25
Clausura Deporte en Idade Escolar
Celebrouse en Arcade no Campo Municipal de Salgueirón e inmediacións a Clausura do Deporte Escolar do programa "Xogade" que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración da Agrupación Deportiva "Arcadia" que comprende os Concellos de Pazos de Borbén, Redondela, Vilaboa e Soutomaior.
Miércoles, 30 de Mayo de 2012 10:03
Campus C.D.Arcade
C.D.Arcade pon en marcha o seu Campus de Fútbol 2012 que terá lugar no Campo Municipal de Salgueirón entre os días 16 ao 21 de Xullo e está destinado a nenos e nenas nacidos entre os anos 1998 e 2008.
Lunes, 28 de Mayo de 2012 12:43
Festival Clausura Escolas Deportivas
O Pavillón Municipal "A Montesiña" de Soutomaior acolleu o sábado pasado a Clausura das Escolas Deportivas Municipais 2011-2012.
O deporte constitúe unha actividade de máxima importancia e relevancia nas sociedades modernas. Asóciase directamente a un modo de vida saudable co que se contribúe á mellora das propias condicións físicas, así como a valores de superación, loita, respecto aos demais e ás normas, e de crecemento persoal baseado no esforzo e na mellora do propio rendemento. Todos eles son valores que se intentan impartir dende as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Soutomaior.
|
|
|
|
|
|
Página 5 de 13 |