Martes, 14 de Mayo de 2013 12:20
AXUDAS CARNÉ DE CONDUCIR
Aínda non sacaches o carné de conducir? Axudámosche? - Convocatoria 2013
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha condución segura e responsable, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir.
Se tes entre 18 e 30 anos, resides en Galicia e, ademais, cumpres os seguintes requisitos: Es titular do carné xove A túa unidade familiar non ten ingresos superiores aos sinalados na orde (entre 2,5 e 3 veces o IPREM, dependendo da composición da unidade familiar). Estás matriculado nunha autoescola (no caso de que non teñas xa o carné de conducir, expedido con posterioridade ao 1 de xaneiro deste ano) PODES OBTER UNHA AXUDA DE 250 €!
Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de novembro de 2013 e, ademais, asistir a un curso gratuíto de educación viaria organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

|
Miércoles, 08 de Mayo de 2013 11:57
XORNADA DE AUTOEMPRENDEMENTO PARA A MOCIDADE
XORNADA DE AUTOEMPRENDEMENTO PARA A MOCIDADE
Queres montar a túa empresa ou negocio e non sabes como facelo?
Pois esta é a túa oportunidade....!!! Asesorámoste de balde.. Nesta xornada ofreceranse recursos que fomentan o espírito emprendedor e a creación de empresas entre a mocidade como unha das posibilidades para o crecemento económico.
Idades: a partir de 18 anos (ata 35 preferentemente) que teñan interese en iniciar unha actividade por contra propia.
Número de prazas: 25
Cada participante recibirá un dossier, así como unha guía sobre o autoemprendemento. Durante un mes de xuño ofrecerase vía correo electrónico ou teléfono, un asesoramento de cara a solucionar as cuestións técnicas xurdidas, para a posta en marcha dunha idea empresarial.
DATA: xoves 30 de maio - HORARIO: 16,00 A 21,00 H - LUGAR: Multiusos, Arcade.
Anotarse na OMIX, antes do 23 de maio. DE BALDE!!!
Martes, 09 de Abril de 2013 09:20
Plan Municipal da Mocidade
A Concellería de Xuventude pon en marcha o programa de actividades previstas para o segundo trimestre do ano 2013, incluído dentro do Plan Municipal de promoción e dinamización da mocidade, Soutomaior 2013.
Proximamente, darán comezo as seguintes actividades:
CURSO DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA: OPENOFFICE E INTERNET.
CURSO DE COSER E CANTAR ( 16 h)
CURSO SOBRE ECONOMÍA DOMÉSTICA.
CURSO DE MONITOR/A EN LUDOTECAS.
O prazo para moitas destas actividades xa está aberto e as prazas son limitadas. A información pódese descargar na páxina www.soutomaior.com/xuventude ou tamén no facebook de xuventudesoutomaior. O horario de atención ao público da OMIX da OMIX é de 15,30 a 20, 30 de luns a venres agás os mércores que é de 9 a 14 h.
Miércoles, 03 de Abril de 2013 09:32
Escola Pais e Nais
A Concellería de Xuventude e a Concellería de Educación do Concello de Soutomaior organizan dentro do programa da escola de pais e nais unha nova charla:
OBRADOIRO/ CHARLA 5: ABRIL
Tema: COMO AFRONTAR O TEMA DA SEXUALIDADE COS NOSOS FILLOS/AS?
Esta charla vai dirixida ás familias interesadas en coñecer técnicas e habilidades para falar cos fillos e fillas sobre a sexualidade e, todos aqueles aspectos relacionados co tema que poden preocupar e que non sabemos afrontar por falta de información.
Data: venres 5 de abril, Multiusos (Arcade) Hora: 18,30 a 20,00 h
Imparte: experta en educación afectivo – sexual.
Miércoles, 13 de Marzo de 2013 11:18
Escola de Pais e Nais
ESCOLA DE PAIS E NAIS
A Concellería de Xuventude e a Concellería de Educación do Concello de Soutomaior organiza dentro do programa da escola de pais e nais unha nova charla:
OBRADOIRO/ CHARLA: MARZO Tema: ALIMENTACIÓN E TRANSTORNOS ALIMENTARIOS.
A experta Silvia Noemí Massetti, Técnica Superior en Dietética e Nutrición falará ás familias sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e principais enfermidades asociadas á mala alimentación. E sobre como traballar estes temas desde a casa e mellorar a alimentación de toda a familia.
Data: venres 15 de marzo, Multiusos (Arcade) Hora: 18,30 a 20,00 h
Imparte: Silvia Massetti.
As familias poderán traer aos fillos e fillas porque haberá unha monitora encargada de realizar ACTIVIDADES LÚDICAS E OBRADOIROS PARA OS MÁIS PEQUENOS/as mentres que se asiste á charla.
|
|
|
|
|
|
Página 1 de 18 |