PDF Imprimir E-mail
Artículos de Juventud

Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre

O trimestre ven cargado de posibilidades nas que ocupar o tempo de lecer pero tamén con moitas propostas formativas.

Entre as actividades propostas atopamos a escola de pais e nais que xa se iniciou no trimestre anterior e que agora continúa con charlas sobre “botellón e mocidade” para o mes de abril ou para o mes de maio “sexualidade e afectividade na adolescencia”. Ademais, a escola de pais e nais, tamén propón actividades para os máis pequenos a través de obradoiros lúdicos que entreterán aos máis cativos e cativas durante as charlas.

Seguimos cunha proposta que tamén pode ser interesante para as familias aínda que vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 18 anos. Estamos a falar do proxecto “moceando” que inclúe un obradoiro que impartirá o Centro Quérote de Vigo, denominado Sen Cita Previa e un obradoiro que leva por título “técnicas para aprender a ligar”.

Para finais do mes de abril imos facer un obradoiro de confección de maios onde os nenos e nenas construirán un maio que logo se exporá nos xardíns do Multiusos. Tamén elaborarán cantigas sobre esta tradición e celebración que da entrada ao mes de maio mediante a cal se festexa a despedida do inverno, a floración da plantas e a aparición dos primeiros froitos.

En canto, a proposta formativa, convocamos varios cursos: un curso de formación básica sobre saúde e deporte para monitores/as e entreadores/as deportivos (60 h) homologado pola Federación Americana do Corazón; un curso de inglés nivel I (42 h) mediante o que se impartirá unha parte teórica e unha parte de conversación con persoa nativa; un curso de linguaxe de signos que será impartido pola Federación Galega de Persoas Xordas (50 h); un curso de guitarra eléctrica (10 h) e un obradoiro de danza brasileira (10 h). Ademais, a Deputación de Pontevedra tamén abriu o prazo para participar nos cursos actívate 2010 para os cales cómpre anotarse previamente na OMIX.

Propoñemos actividades cun carácter máis lúdico, entre as cales destacamos a xornada de iniciación ao kaiak de mar que se realizará o 26 de xuño durante todo o día e que consistirá en aprender unha nocións técnicas básicas sobre este deporte para logo facer unha excursión ata a Illa de San Simón e volver a Arcade.

Por outra banda, están as clausuras do curso tanto da Escola Municipal de Xadrez como da Escola Municipal de Teatro. A primeira clausura farase mediante unha exhibición de xadrez levada a cabo polo alumnado da escola aberto que estará aberta a todos os públicos e, a segunda clausura, consistirá na representación de dúas obras de teatro o sábado 3 de xullo. Os títulos das obras son “A cidade dos/as nenos/as” e “Expediente XL, pánico en casa Pepe”.

Finalmente, adiantamos que o 1 e 2 de xullo terá lugar o IV Encontro da Mocidade. A temática deste ano xirará arredor da historia do Concello de Soutomaior e o formato será a preparación dun xogo de rol en vivo.

Para recibir máis información sobre estas actividades ou inscribirse nelas, as persoas interesadas, poderán facelo na Oficina Municipal de Información Xuvenil situada no Multiusos. O teléfono de contacto é o número 986700822, o correo electrónico Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla e a nosa web www.soutomaior.com/xuventude




 

Agenda Municipal


  • Plazo de inscripción: durante todo el año

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 o enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO