Ruta Kaiak
O vindeiro venres 3 de Agosto o Concello de Soutomaior acollerá á “Ruta en Kaiak de Mar 2012: Illa de San Simón” que, ao longo de 5 días, percorre as costas de diversos concellos da Ría de Vigo.
Ista actividade atópase inscrita dentro da programación “Acción d’Verán” que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado deseña para mozos/as de 18 a 35 anos. O Concello de Soutomaior, recibirá aos participantes desta actividade no Castelo de Soutomaior onde visitarán as instalacións acompañados do Director Xeral de Xuventude, Ovidio Tato Rodeiro e o Alcalde do Concello de Soutomaior, Agustin Reguera Ocampo.
Nesta Ruta compre destacar a inestimable colaboración de diversos departamentos do concello en tránsito. No caso de Soutomaior a participación do concello e a súa técnica de mocidade , xa tradicional desde o comezo dista actividade, non só limítase a proporcionar infraestructuras e medios, senón tamén apoio técnico para o desenvolvemento da actividade.
Os/as vintecinco participantes desfrutarán da navegación recreativa en kaiak de mar en xornada de mañán para, pola tarde, asistir a diversas actividades de lecer polas localidades en tránsito. A peculiariedade da presente convocatoria radica en que, namentras noutras convocatorias o aloxamento fíxose en diferentes instalacións como pavillóns, colexios, campamentos e campos de traballo, na “Ruta en Kaiak de Mar 2012: Illa de San Simón ” empregaranse as infraestructuras da Consellería de Cultura na citada illa.
Durante a navegación, que realízase en embarcacións individuais e dobres, os/as mozos/as contan ca asistencia dun equipo técnico formado por director titulado en tempo libre, dous guías de kaiak (un deles tamén Monitor de Actividades de Tempo Libre) así como un terceiro técnico de Tempo Libre de apoio. Compre facer mención á inestimable colaboración da “Fundación Illa de San Simón” (e de todo o seu equipo de traballo) implicados activamente no desenvolvemento da actividade.
Seguindo criterios rigurosos de asistencia e seguridade dos/as intervintes na actividade, a navegación foi asistida tamén por terra con vehículos (furgoneta) e técnicos/as que seguiron o percorrido en permanente comunicación co equipo en navegación. Ao medios antes reseñados sumouse un remolque para as embarcacións da Federación Galega de Piraguismo que colabora, como en anos anteriores, no programa.
O xoves 2 de Agosto produciuse a incorporación dos/as participantes, comezando a actividade con explicacións sobre o funcionamento e organización das rutas, facendo logo unha referencia sobre aspectos máis concretos na navegación e aclimatación ás embarcacións. Asemade puxéronse en práctica eses coñecementos básicos tanto de navegación como de seguridade Ao longo dos seguintes días e ata o lúns 6 de Agosto, a ruta desenvolevará diferentes etapas en percorridos como:; travesía a San Adrián de Cobres-Ponte de Rande-Meira; e, travesía a Ponte Colgante de Soutomaior.
Más de Juventud
Agenda Municipal
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 o enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Más leídos
- HISTORIA, CULTURA Y TRADICIONES ÁRABES en la Biblioteca Municipal de Soutomaior
- Clausura de las Escuelas Deportivas Municipales de Soutomaior
- El Concello dota de hierba artificial el campo de fútbol de Soutomaior
- El Castillo de Soutomaior acoge el rodaje de PIRATAS, nueva serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre






