fbpx
Imprimir esta página
Miércoles, 24 Agosto 2022 13:26

As mulleres de Soutomaior poderán mellorara as súas habilidades informáticas e recibir un portátil completamente gratis

As mulleres de Soutomaior poderán mellorara as súas habilidades informáticas e recibir un portátil completamente gratis

O CIM coordina un programa de formación para a dixitalización das mulleres dirixido preferentemente ás mulleres desempregadas, pero aberto á todas as interesadas. 
 
En total serán 120 horas nas que as participantes traballarán en tres áreas: Competencias básicas; competencias avanzadas; e competencias para o emprendemento. Ao final, todas recibirán un título oficial e un ordeador portátil. 
 
O curso, organizado pola Consellería de Promoción do Emprego e Saúde e financiado cos fondos Next Generation, é totalmente gratuíto e terá lugar dende o día 12 de setembro ao 21 de outubro de 9.00 a 14.00 horas no Multiúsos de Arcade. 
 
Cabe destacar que as prazas son limitadas e a selección farase por orden de inscrición (as mulleres inscritas como demandantes de emprego deberán enviar a acreditación ao correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
 
Xa podedes apuntarvos en Gabinete Soutomaior

Descargar adjuntos:

Catálogo Galegas Dixitais.pdf (108 Descargas)
Visto 751 veces