Máis de 100 mulleres de Soutomaior participaron na III Xuntanza celebrada na Coruña

Artigos de Igualdade

Máis de 100 mulleres de Soutomaior participaron na III Xuntanza celebrada na Coruña


 A "III Xuntanza dás Mulleres" de Soutomaior celebrada na cidade da Coruña resultou ser todo un éxito, máis dun centenar de mulleres de todas as idades participaron na actividade organizada pola Concellaría de Muller, delegada por Cristina González.


Este ano tivo lugar na cidade da Coruña e o día escollido para tal ocasión foi o sábado 12 de xuño. Partiron dous autobuses repletos de mulleres ilusionadas por pasar un día especial, diferente e en boa compañía; e regresaron encantadas da viaxe "xa estamos a esperar con impaciencia a Xuntanza do ano que vén" comenta unha das participantes.

Como cada ano as asistentas tiveron acceso pola mañá a un circuíto termal en La Casa del Agua, na que gozaron das súas amplas instalacións formadas por diversas saunas con diferentes temperaturas e humidade; piscinas de contraste, hidromasaxes, chorros... gozando dunha relaxación total e renovando corpo e mente.

A continuación, comeron na cidade herculina no Restaurante A Peneira un menú composto por un primeiro prato, podendo escoller entre un caldo galego, unha sopa ou uns calos; de segundo prato unha riquísima carne asada con patacas; e de sobremesa flan ou arroz con leite acompañado por café.


Pola tarde, animáronse a facer un pouco de exercicio camiñando polo paseo marítimo de Riazor. E para finalizar, visitaron a localidade de Sada, na que casualmente era o día do mercado e puideron levarse ás súas casas recordos para toda a familia. A Concelleira, Cristina González, fixo entrega dun abanico a cada unha das asistentas.

 

“Cada ano son máis ás mulleres que participan neste tipo de Xuntanza e por iso quero agradecerlles a súa boa predisposición. Gustaríame tamén animar ás máis tímidas a participar e compartir connosco, para a próxima edición, un día no que ás mulleres de Soutomaior comparten sorrisos e anécdotas” comenta a edil Cristina González.



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BATUKA

+ INFO


  • Prazo de inscrición ABERTO

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de GUITARRA ELÉCTRICA E ESPAÑOLA

+ INFO


  • Inscrición ata cubrir prazas

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA: Xuvenil e Adultos

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso OPENOFFICE. OFIMÁTICA DE SOFWARE LIBRE (procesador de textos e folla de cálculo) Nivel Iniciación

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso MONOGRÁFICO MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR

+ INFO


  • Inscrición ata o 14 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ENTROIDO 2012!!! OBRADOIRO DE PREPARACIÓN DUNHA COMPARSA DE ENTROIDO E O "LUDOENTROIDO"

+ INFO


  • Inscrición ata o 23 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso FOLLA DE CÁLCULO, APLICADO Á EMPRESA Nivel Medio-Avanzado

+ INFO


  • Inscrición ata o 24 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

MANUALIDADES EN FAMILIA!!! =)

+ INFO


  • Inscrición ata o 28 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de DINAMIZACIÓN E RETRASO DO DETERIORO NA TERCEIRA IDADE

+ INFO