PDF Imprimir Correo-e
Artigos da Muller

I Mesa de Coordinación para a Mellora á Atención de Vítimas de Violencia de Xénero en Soutomaior

 

Co fin de mellorar a atención ás vítimas da violencia de xénero elaborouse e desenvolveuse dentro dos Plans Conxuntos de Seguridade, promovidos dende a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a constitución dunha comisión de coordinación dirixida pola Concellaría de Muller de Soutomaior a través do CIM (Centro de Información á Muller).


Entre os asistentes á reunión, que tivo lugar o venres no Multiusos de Arcade, estivo presente a Xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación de Goberno en Pontevedra, Lucia Muradas Arcay; ademais do Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, a Tenente-Alcalde, Dores Cernadas, o Sarxento da Garda Civil de Soutomaior, Jose Miguel Silva, como tamén as representantes do CIM e Servizos Sociais do Concello.


Dende o Concello de Soutomaior, coa colaboración da Subdelegación de Goberno e a través da Concellaría da Muller, avógase por desenvolver un plan de coordinación, cooperación e colaboración entre as diferentes administracións do municipio co fin de optimizar recursos e con iso mellorar a seguridade das residentes.


No terreo da protección das vítimas de Violencia de Xénero, foron moitos os avances logrados, tales como a creación dun rexistro único dos casos, o coñecemento de todas as ordes existentes no Concello tanto pola GC/CNP coma pola Policía Local, a implicación dos gobernos locais na xestión de Servizos de Emerxencia, etc.

 

Se o que pretendemos é unha atención integral das vítimas, temos que engadir un elemento máis, a contemporaneidade, é dicir, todos os axentes implicados na detección, protección e atención das vítimas, traballando ao mesmo tempo co fin de conseguir devolver á muller ao seu estado inicial, á súa situación antes de ser vítima.


O Concello, é a administración local máis próxima aos veciños de Soutomaior, polo que se configura como espazo privilexiado para a intervención con mulleres vítimas de violencia. Por iso, constituíuse unha Mesa de Coordinación para a Mellora á atención de Vítimas de Violencia de Xénero, pretendendo engadir, fomentar e desenvolver accións e fórmulas preventivas xunto a respostas ou solucións que se presten ante unha situación identificada como violencia de xénero no municipio de Soutomaior.


Tódolos asistentes á mesa asumiron o compromiso real de mellorar a coordinación entre institucións, co obxectivo de mellorar a calidade de resposta ás mulleres vítimas. O Alcalde, Agustín Reguera, felicitou a iniciativa a Xefa da Unidade da Subdelegación de Goberno en Pontevedra, Lucia Muradas, e ás responsables do CIM de Soutomaior (Centro Información á Muller), animounas a seguir mellorando as prestacións de servizos ás vítimas de malos tratos, desexando unha continua cooperación entre todos.

 

Na I Mesa tratáronse temas como o sistema de funcionamento do seguimento integral de casos de violencia, por parte das Forzas e Corpos de Seguridade; a comparativa de datos de violencia de xénero no municipio; e a proposta dun convenio de aloxamento temporal para as vítimas.



A Comisión reunirase con carácter trimestral, quedando aberta a mesa a outras administracións, institucións e organizacións que pola súa implicación no tema sexa conveniente incluílas.




 

Axenda Municipal


  • Venres, 10 de setembro de 10h a 19h

Multiusos de Arcade, OMIX

Xornada de Aventura: RAFTING

+ INFO


  • Inscrición ata o 15 de setembro

Multiusos de Arcade, OMIX

Curso de Idiomas: GALEGO CELGA 3

+ INFO


  • Inscrición ata o 15 de setembro

Multiusos de Arcade, OMIX

Obradoiro de DANZA BRASILEIRA

+ INFO


  • Inscrición ata o 15 de setembro

Multiusos de Arcade, OMIX

Obradoiro de BATUKA

+ INFO


  • Inscrición ata o 15 de setembro

Multiusos de Arcade, OMIX

Obradoiro de BAILE MODERNO

+ INFO


  • Sábado, 18 de setembro ás 22:30h

Multiusos de Arcade

Concerto do grupo ESGUINCE THE PALEO ROCK BAND

+ INFO


  • Inscrición ata o 24 de setembro

Multiusos de Arcade, OMIX

Cursos de PINTURA (Infantil, Xuvenil e Adultos)

+ INFO


  • Inscrición ata o 24 de setembro

Multiusos de Arcade, OMIX

Escola Municipal de XADREZ

+ INFO


  • Inscrición ata o 24 de setembro

Multiusos de Arcade, OMIX

Escola Municipal de TEATRO

+ INFO


  • Prazo de presentación ata o 15 de outubro

Multiusos de Arcade, CIM

II Concurso de RELATOS ERÓTICOS

+ INFO