Soutomaior organiza un MEETING-SEX e ultima os preparativos do II Concurso de RELATOS ERÓTICOS

Artigos de Igualdade

Soutomaior organiza un MEETING-SEX e ultima os preparativos do II Concurso de RELATOS ERÓTICOS


O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Muller, pon en marcha un MEETING-SEX e o II CONCURSO DE RELATOS ERÓTICOS co obxectivo de promover a educación e a saúde afectivo-sexual, e favorecer a eliminación de tabús e estereotipos sexistas.


Na IV Conferencia Mundial das Mulleres celebrada en Beijin (Beijing) no ano 1995 estableceuse como referencia para o avance das mulleres na sociedade, tres puntos clave en política de igualdade de oportunidades a nivel internacional: Dereitos humáns, educación e saúde sexual e reprodutiva.


A Organización Mundial de Saúde (OMS), establece como Saúde Sexual a integración de aspectos somáticos, afectivos, intelectuais e sociais do ser sexuado, de modo que derive no enriquecemento e desenvolvemento da personalidade humana, na comunicación e nas relacións afectivas.


A educación sexual ten como obxectivo contribuír a que as persoas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a expresar a súa erótica do modo en que se sintan cómodas e satisfeitas.


Os meeting-sex son talleres onde se pretende fomentar a educación sexual, falando sobre os cambios biofisiológicos, a fisioloxía do pracer, o desexo, os afectos e a atracción, o amor e a saúde, estimulando a reflexión para motivar e seguir aprendendo sobre nós mesmo.


Os interesados en anotarse poden chamar ó 986 701 227 ou acudir á oficina do CIM (Centro de Información á Muller) situado no Multiusos de Arcade. As prazas para asistir ó taller son limitadas, para máis información consultar en www.ex-presion.com ou enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .


Por outro lado, iniciouse o prazo de presentación para participar no II Concurso de Relatos Eróticos organizado tamén pola Concellaría de Muller de Soutomaior, o prazo finaliza o 15 de outubro e os traballos poderán ser entregados persoalmente no Centro de Información á Muller ou por correo certificado.


Poderán participar na presente convocatoria persoas maiores de 18 anos que nacesen, residan ou desenvolvan a súa actividade laboral ou académica en Galicia.


As obras deberán ser orixinais, inéditas e escritas en galego, cunha extensión máxima de 600 palabras, sen contar o título. Poderanse presentar un máximo de dous traballos por autor ou autora. Así mesmo, valorarase que o texto reflicta actitudes e valores igualitarios, e a ruptura de estereotipos sexistas, especialmente os relacionados co erotismo e a sexualidade.


Según a Concelleira de Muller de Soutomaior, Cristina González, "a iniciativa emprendeuse o ano pasado co I Concurso e resultou ter moito éxito, a gañadora foi Angélica Muiños coa súa obra Erótica Anécdota Cotiá. Este ano anímovos a participar nesta aventura literaria e conseguir o primeiro e único premio do concurso, un fin de semana para dúas persoas non Castelo de Soutomaior en media pensión. Atrevédesvos co reto? ".




 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BATUKA

+ INFO


  • Prazo de inscrición ABERTO

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de GUITARRA ELÉCTRICA E ESPAÑOLA

+ INFO


  • Inscrición ata cubrir prazas

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA: Xuvenil e Adultos

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso OPENOFFICE. OFIMÁTICA DE SOFWARE LIBRE (procesador de textos e folla de cálculo) Nivel Iniciación

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso MONOGRÁFICO MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR

+ INFO


  • Inscrición ata o 14 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ENTROIDO 2012!!! OBRADOIRO DE PREPARACIÓN DUNHA COMPARSA DE ENTROIDO E O "LUDOENTROIDO"

+ INFO


  • Inscrición ata o 23 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso FOLLA DE CÁLCULO, APLICADO Á EMPRESA Nivel Medio-Avanzado

+ INFO


  • Inscrición ata o 24 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

MANUALIDADES EN FAMILIA!!! =)

+ INFO


  • Inscrición ata o 28 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de DINAMIZACIÓN E RETRASO DO DETERIORO NA TERCEIRA IDADE

+ INFO