Artigos de Alcaldía

PDF Imprimir Correo-e

Soutomaior promociónase na "Feira Internacional do Turismo" celebrada en Madrid

O pasado venres o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera Ocampo, presentou en FITUR a oferta máis atractiva do municipio. A tradicional Festa da Ostra de Arcade; o Castelo de Soutomaior e o Certame e Exposición da Camelia que se celebra cada mes de marzo neste espazo tan singular; así como as potencialidades do municipio para o turismo enogastronómico. A promoción do destino de Soutomaior realizouse no stand de Turgalicia a través da presentación "Turismo Rías Baixas un destino competitivo e de calidade" coordinada por Turismo Rías Baixas - Deputación de Pontevedra.

 

 
PDF Imprimir Correo-e

A AEAS premia aos emprendedores máis destacados do ano e fai entrega dunhas placas conmemorativas ao Concello de Soutomaior e á Deputación de Pontevedra

Este ano, na entrega de premios e distincións que organiza a AEAS, foron homenaxead@s María Duarte Rey de "Dubar Comercial" e Francisco Lorenzo Boullosa de "Restaurante Arcadia" con motivo da súa xubilación. Tamén foron premiados en recoñecemento á traxectoria e ao esforzo, Milagros Cal Conde de "Mila Arcade, S.L." e Manuel Reguera Garrido de "Cafetaría Ibiza". O presidente da Asociación, Andrés Cal Malleiro, agradeceu tamén a presenza do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera Ocampo, facéndolle entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento ao apoio que o Concello de Soutomaior tivo especialmente este ano co comercio de Arcade e Soutomaior.

 

 
PDF Imprimir Correo-e

MERCA NA RÚA reparte 3.000 euros entre os clientes do comercio local

Esta iniciativa alentou as compras nas tendas locais do municipio durante dúas semanas, sorteando entre todos os clientes 21 vales de agasallo valorados en total en 3.000 euros. Os vales foron entregados pola Directora Xeral de Comercio, Nava Castro; o Deputado Provincial, Alberto Pazos; o Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera; o Concelleiro de Comercio de Soutomaior, Cesar Peon; e polo Presidente e o Vicepresidente da Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior (A.E.A.S.), Andrés Cal e Antonio Álvarez.

   

Fotografías do SORTEO "MERCA NA RÚA" 

 
PDF Imprimir Correo-e

A campaña "MERCA NA RÚA" de Economía e Industria incentivará as compras no comercio local de Soutomaior

A iniciativa ponse en marcha a través da Oficina Provincial de Comercio de Pontevedra, financiada por Economía e Industria a través dun programa de colaboración coa Deputación de Pontevedra e que forma parte da "Rede de Dinamización Comercial de Galicia", REDIC. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que con esta iniciativa saen beneficiados tanto os clientes, que ven premiada a súa fidelidade, como o comercio local, porque non só se dinamiza a súa actividade ao longo de quince días senón que unha vez finalizada a campaña os premios reinvístense nos seus establecementos.

 

 
PDF Imprimir Correo-e

A Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior recibe asistencia técnica por parte dunha bolseira da Deputación de Pontevedra

Onte, tivo lugar a firma do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior para o fomento do emprego, a mellora e promoción do asociacionismo. O acto foi celebrado ás 11,30 horas no Centro Multiusos de Arcade, ao que asistiron o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o deputado Alberto Pazos, o presidente da A.E.A.S., Andrés Cal, e o vicepresidente desta, Antonio Álvarez.

 

 


Page 1 of 11

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BATUKA

+ INFO


  • Prazo de inscrición ABERTO

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de GUITARRA ELÉCTRICA E ESPAÑOLA

+ INFO


  • Inscrición ata cubrir prazas

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA: Xuvenil e Adultos

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso OPENOFFICE. OFIMÁTICA DE SOFWARE LIBRE (procesador de textos e folla de cálculo) Nivel Iniciación

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso MONOGRÁFICO MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR

+ INFO


  • Inscrición ata o 14 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ENTROIDO 2012!!! OBRADOIRO DE PREPARACIÓN DUNHA COMPARSA DE ENTROIDO E O "LUDOENTROIDO"

+ INFO


  • Inscrición ata o 23 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso FOLLA DE CÁLCULO, APLICADO Á EMPRESA Nivel Medio-Avanzado

+ INFO


  • Inscrición ata o 24 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

MANUALIDADES EN FAMILIA!!! =)

+ INFO


  • Inscrición ata o 28 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de DINAMIZACIÓN E RETRASO DO DETERIORO NA TERCEIRA IDADE

+ INFO