PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Alcaldía

SOUTOMAIOR xa conta cun censo superior ós 7.000 HABITANTES


O municipio de Soutomaior, cunha superficie de 25 km2, segue crecendo en poboación e xa conta cun censo poboacional de 7.144 habitantes, repartidos entre os municipios de Soutomaior (2.365 persoas) e Arcade (4.779 persoas), dos que 414 é poboación estranxeira.


O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, afirma que "Soutomaior está crecendo a un ritmo moi superior ó dos demais municipios da comarca".


Trátase dun municipio que se beneficia do desenvolvemento previo das localidades do seu ámbito e comeza a funcionar como núcleo de atracción de novos residentes, que encontran unha vivenda máis alcanzable nestes espazos menos saturados, axeitadamente dotados de servizos e con boas comunicacións cos principais núcleos de traballo como son Redondela, Vigo ou Pontevedra.


Segundo o padrón do Concello, incrementou a súa poboación un 25%, pasando dos 5.369 habitantes rexistrados no ano 2000 aos 7.144 habitantes a xaneiro do 2010. Este aumento da poboación responde na súa maioría á atracción deste municipio como núcleo residencial de Vigo e Pontevedra, e mesmo, de Redondela, municipio estreitamente vinculado a Vigo e que alcanzou xa uns elevados niveis de crecemento que o obrigan a expandirse cara ás localidades limítrofes.


A poboación nacional, de mulleres e homes a xaneiro do 2010, chega ós 6.730; séguelle os chegados de Marrocos que alcanzan na localidade 183 habitantes. Os portugueses están en terceiro lugar con 46 veciños, séguenlle os brasileiros con 38 rexistrados, arxentinos con 24 e así sucesivamente ata as contabilizar 31 nacionalidades distintas que conviven no noso municipio.


A todo iso, hai que engadir que Soutomaior é un dos municipios da provincia no que menos se reduciu o número de residentes nacidos no propio termo municipal. O número de nacementos van aumentando cada ano, no ano 2006 foron 69 os rexistrados, no 2009 pasaron a ser 85 e no que vai de ano 2010 xa levamos 55 nacementos. Isto confirma non só o potencial desta localidade como foco de atracción de novos residentes, senón tamén na súa capacidade para fixar poboación.


Na actualidade, Soutomaior é un dos núcleos de poboación máis dinámicos da provincia dende o punto de vista demográfico. Dispón dunha poboación nova cuxa media de idade é de 41 anos segundo o Instituto Galego de Estadística (IGE).


Según os datos recollidos no IGE, no ano 2008 os principais sectores foron o de servizos en primeiro lugar con 359 licenzas de actividade no municipio, entre as que destacan o comercio minorista que creceu un 20% e as licenzas dos bares e restauración cun crecemento do 13%; séguelle o de construción con 69 empresas e en terceiro lugar o de industria con 25, cun incremento do 21% entre o ano 2001 e 2006.




 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BATUKA

+ INFO


  • Prazo de inscrición ABERTO

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de GUITARRA ELÉCTRICA E ESPAÑOLA

+ INFO


  • Inscrición ata cubrir prazas

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA: Xuvenil e Adultos

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso OPENOFFICE. OFIMÁTICA DE SOFWARE LIBRE (procesador de textos e folla de cálculo) Nivel Iniciación

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso MONOGRÁFICO MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR

+ INFO


  • Inscrición ata o 14 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ENTROIDO 2012!!! OBRADOIRO DE PREPARACIÓN DUNHA COMPARSA DE ENTROIDO E O "LUDOENTROIDO"

+ INFO


  • Inscrición ata o 23 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso FOLLA DE CÁLCULO, APLICADO Á EMPRESA Nivel Medio-Avanzado

+ INFO


  • Inscrición ata o 24 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

MANUALIDADES EN FAMILIA!!! =)

+ INFO


  • Inscrición ata o 28 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de DINAMIZACIÓN E RETRASO DO DETERIORO NA TERCEIRA IDADE

+ INFO