O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
Navíos, duelos a espada, alxubes, execucións, rescates en sombríos mosteiros, combates a bordo de acantilados e espectaculares abordaxes en alta mar. Homes de honra e mulleres de armas tomar. Un tesouro cobizado durante máis de 30 anos e unha misión desesperada. Aventuras, vinganzas, amor e humor. E, por suposto, 'Piratas'. Óscar Jaenada e Pilar Rubio liderando o elenco da nova serie de Telecinco que o luns 23 de agosto iniciou a súa gravación en Galicia.
A primeira ficción de televisión que aborda este xénero no noso país estará ambientada no século XVIII e contará as aventuras de Álvaro Mondego (Óscar Jaenada), un nobre vido a menos, canalla, descarado, enganador e cunha paixón desmedida polas mulleres que, obrigado polas circunstancias, ha de converterse en pirata.
No devir da súa nova sorte, Montego encontrarase cunha aguerrida e sensual pirata, interpretada por Pilar Rubio, para a cal 'Piratas' supón o seu debut na ficción televisiva.
O 95% da nova ficción de Telecinco, producida en colaboración con Mandarina Producciones, transcorre en localizacións naturais de Galicia. Dende as praias e acantilados da Costa da Morte, ata os camiños e os bosques da Galicia interior. Fervenzas, pazos, igrexas, canellas, mosteiros, pontes e castelos. De Soutomaior a Cambados, de Tui a Silleda.
Esta semana estiveron a gravar nos xardíns e dependecias interiores do Castelo de Soutomaior varias escenas para a serie que se emitirá en horario de máxima audiencia a partir de xaneiro do 2010.
Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior, deulle a benvida en persoa a PILAR RUBIO "me encanta Soutomaior, la comida está muy buena, teneis una materia prima de calidad y la gente es muy hospitalaria, ademas da gusto trabajar en este entorno natural" coméntalle a protagonista da serie ao alcalde e á concelleira de cultura, Dolores Cernadas. Agustín Reguera tamén estivo a conversar con veciños de Arcade e Soutomaior que actúan como figurantes na nova serie de Telecinco.
Máis de Alcaldía
- Barreiras na Curva de Salgueirón
- Curva de Salgueirón
- Doamos sangue en Arcade? "O TEU SANGUE É VIDA, COMPÁRTEA"
- A Xunta presenta no Concello de Soutomaior o Plan de Emerxencias da presa de Eiras
- Soutomaior promociónase na "Feira Internacional do Turismo" celebrada en Madrid
- A AEAS premia aos emprendedores máis destacados do ano e fai entrega dunhas placas conmemorativas ao Concello de Soutomaior e á Deputación de Pontevedra
- MERCA NA RÚA reparte 3.000 euros entre os clientes do comercio local
- A campaña "MERCA NA RÚA" de Economía e Industria incentivará as compras no comercio local de Soutomaior
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













