PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Alcaldía

Turismo Rías Baixas presenta a SEMANA GRANDE DE ARCADE E SOUTOMAIOR

 

Onte, xoves 23 de xuño, tivo lugar ás 12,00 horas a Presentación da quinta edición da SEMANA GASTRONÓMICA e a RUTA DO PINCHO de Arcade e Soutomaior na Sede da Deputación Provincial de Vigo. Este ano como novidade, os visitantes tamén poderán disfrutar dun fin de semana OUTLET na praza de Talo Río de Arcade, ademais dunha EXPOSICIÓN DE ARTISTAS LOCAIS.

 

A iniciativa foi presentada polo polo coordinador de Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra, Ernesto Santiago, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o presidente da Asociación de Empresarios Arcade-Soutomaior (A.E.A.S.), Andrés Cal. Tamén estiveron presentes os demais membros da directiva, como Antonio Álvarez, Jacobo Martínez, Carlos Antonio Camba, Álvaro Vergara, e Víctor López.  

 

 

A A.E.A.S. organiza, coa colaboración do Concello de Soutomaior e de Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra, entre os días 27 de xuño e 3 de xullo a Semana Gastronómica e a Ruta do Pincho, que terá lugar en diferentes locais de hostalaría da localidade.

 

Durante esa semana poderase degustar un menú establecido, que consiste nunha mariscada a un prezo especial de 80 euros para dúas persoas, no que se inclúen doce ostras, unha centolla, seis cigalas, unha lagosta, percebes, catro vieiras, navallas, dúas sobremesas e unha botella de viño María Vinyals (Albariño de Soutomaior).

 

Cada parella participante recibirá un folleto que cubrirá cos seus datos para participar no sorteo de dous premios dun fin de semana na Pousada Castelo de Soutomaior para dúas persoas, con comida e cea incluídas; un reloxo Viceroy, seis mariscadas para dúas persoas e tres cheques regalo de 50 euros.

 

Paralelamente, a A.E.A.S. organiza a Ruta do Pincho, que conta coa participación de varias cafetarías situadas en Arcade e Soutomaior que, durante esa semana, ofrecerán un pincho orixinal e gratuíto con cada consumición. Para participar no sorteo de premios entregarase a cada cliente un folleto, de modo que deberá visitar catro bares da promoción, e en cada un se lle selará o folleto.

  

 

Este ano como novidade levarase a cabo un fin de semana OUTLET os días 2 e 3 de xullo, no que os comercios da localidade expoñerán os seus mellores prezos, roupa, calzado, decoración para o fogar, ferramentas, libros entre outros produtos con grandes descontos. Ademais, haberá unha EXPOSICIÓN DE ARTISTAS LOCAIS no mesmo lugar na que estarán presentes escultores e pintores como Carlos Tesouro, Silvia Troiteiro, Manuel Collazo, Moncho Novas e Bernardo Seoane.

 

Agustín Reguera fixo fincapé no labor do Concello de Soutomaior por promover o TURISMO nesta zona do interior da ría, recordando que a Oficina Municipal de Turismo está aberta todos os días da semana grazas á colaboración de Turismo Rías Baixas, e na que tamén poderán solicitar o folleto para participar no sorteo dos premios.

 

Finalmente, agradeceu e felicitou a directiva da A.E.A.S. "grazas por crear un atractivo turístico máis en Soutomaior e colaborar na promoción da zona como referente gastronómico". Tamén ofreceu o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra e a Turismo Rías Baixas. E por último, pero non menos importante "o meu especial agradecemento e cariño ós hosteleiros e comerciantes de Arcade e Soutomaior".  

 

 

 

“INVÍTOVOS A COÑECER A NOSA TERRA E AS NOSAS DELICIAS CULINARIAS” conclúe o rexidor Agustín Reguera.

 Enlace PROGRAMA SEMANA GASTRONÓMICA, RUTA DO PINCHO E OUTLET

 Enlace ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS ARCADE-SOUTOMAIOR

 Enlace O.A.L. TURISMO RÍAS BAIXAS

 

 

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO