PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Alcaldía

A A.E.A.S. fai pública a lista d@s premiad@s do sorteo da SEMANA GASTRONÓMICA E A RUTA DO PINCHO

 

O Concello de Soutomaior e a Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior (A.E.A.S.) valoraron positivamente o resultado da SEMANA GASTRONÓMICA celebrada entre o 27 de xuño e o 3 de xullo. Máis de 1.700 persoas participaron nesta iniciativa e deixaron constancia nos folletos que tiñan que cubrir para participar no sorteo a excelente calidade do marisco e do servizo, logrando unha valoración moi positiva e na que os consumidores reflexaron a súa intención de volver.

 

Durante esa semana púidose degustar un menú establecido, que consistiu nunha mariscada a un prezo especial de 80 euros para dúas persoas, no que se incluíron doce ostras, unha centolla, seis cigalas, unha lagosta, percebes, catro vieiras, navallas, dúas sobremesas e unha botella de viño María Vinyals (Albariño de Soutomaior).

 

Cada parella participante recibiu un folleto que cubriu no seu día cos seus datos para participar no sorteo da Semana Gastronómica de varios premios: dous fins de semana na Pousada Castelo de Soutomaior para dúas persoas, con comida e cea incluídas; un reloxo Viceroy, seis mariscadas para dúas persoas e tres cheques regalo de 50 euros.

 

Paralelamente, a A.E.A.S. levou a cabo a Ruta do Pincho, que contou coa participación de varias cafetarías situadas en Arcade e Soutomaior que, ofrecendo durante esa semana un pincho orixinal e gratuíto con cada consumición. Para participar no sorteo de premios entregouse a cada cliente un folleto, de modo que os consumidores tiveron que visitar catro bares da promoción, e en cada un se lle selou o folleto.

 

O Restaurante Arcadia foi o punto de encontro para realizar o sorteo dos premios, despois de reunir máis de 1.700 papeletas. Estiveron presentes, a directiva da A.E.A.S., o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, os edís Jesús Antonio Vidal e Cesar Antonio Peon, ademais dos hostaleiros que participaron na actividade.

  

 

A lista d@s PREMIAD@S:

1. Fin de semana no Castelo de Soutomaior: AROA OTERO ( MARISQUERIA ARCADE)

2. Mariscada para 2 persoas: SEVERINO FONTAIÑA (RESTAURANTE ARCADIA)

3. Mariscada para 2 persoas: DIEGO GARCIA ( RESTAURANTE-TAPERIA BONSAI)

4. Mariscada para 2 persoas: NIEVES GARCIA ( RESTAURANTE O RINCON DE ARCADE)

5. Mariscada para 2 persoas: ANGEL LOPEZ (RESTAURANTE O RECREO DE ARCADE)

6. Mariscada para 2 persoas: GASPAR ALONSO (RESTAURANTE O RECREO DE ARCADE)

7. Mariscada para 2 persoas: ROSA COUÑAGO (HOTE-RESTAURANTE ISAPE)

8. Mariscada para 2 persoas: MARIA SÁNCHEZ (RESTAURANTE ARCADIA)

9. Mariscada para 2 persoas: SUSANA CRESPO (CHURRASQUERÍA A MUXICA)

10. Reloxo Viceroy: BIANCA PEREIRA ( RESTAURANTE O RINCÓN DE ARCADE)

11. Cheque de 50 euros: MANUEL BLANCO (TAPERIA-RESTAURANTE BONSAI)

12. Cheque de 50 euros: BENITO ESTÍVEZ (RESTAURANTE AVENIDA)

13. Cheque de 50 euros: SERAFÍN ALJÁN ( RESTAURANTE RIA DE ARCADE)

14. Cheque de 50 euros: PILAR MATAS ( RESTAURANTE ARCADE)

15. Cheque de 50 euros: FERNANDO CASTRO (RESTAURANTE VEIRAMAR)

16. Reloxo Viceroy: RAMON BARCIELA (O LAR DE FÉLIX)

 

 Máis información en A.E.A.S.  



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO