PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Alcaldía

Aldeas Infantís SOS recibe xoguetes da Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior

 

A Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior (A.E.A.S.), en colaboración co Concello de Soutomaior, fixo entrega á organización internacional "Aldeas Infantís SOS" dunha gran variedade de xoguetes que irán destinados aos 105 menores que teñen en acollida na provincia de Pontevedra.

  

 

Fundada en 1949, Aldeas Infantís SOS é membro da UNESCO e conta cun asesor permanente no Consello Económico e Social da ONU. A súa principal finalidade é ofrecer aos nen@s un ámbito familiar, un fogar estable e unha formación sólida para darlles un futuro prometedor e seguro. Adoptan un modelo familiar de carácter universal, cuxo contido está definido polas características sociais e culturais propias de cada país.

 

A súa misión é integrar social e familiarmente aos nenos que lles sexan confiados de forma eficaz e positiva, impulsando a súa autonomía e emancipación en igualdade de dereitos e obrigas que o resto de mozos, conseguindo que sexan e se sintan cidadáns válidos para a sociedade. Ademais, cooperan con familias en situación de risco para previr situacións que poidan levar consigo o abandono físico e emocional dos nen@s.

 

O Director de Aldeas Infantís SOS, Camilo José Fernández Fernández, agradeceu o esforzo e colaboración da Xunta Directiva da A.E.A.S. así como a intervención do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera. "Se cada un de nós achegásemos un pouquiño, xuntariamos entre todos un MOITO"  comentaba o director.

 

Máis información en http://www.aldeasinfantiles.es/

 

A Xunta Directiva da A.E.A.S. dá a benvida a Lucia

A partir de hoxe os soci@s de A.E.A.S. terán á súa disposición unha bolseira Licenciada en Económicas. Traballará dende a sede da asociación desenvolvendo tarefas de xestión e asesoramento a través dun programa formativo da área de Comercio da Deputación de Pontevedra, apoiado pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

 

O horario de atención ao público será de martes a venres de 9:30h a 14:30h na sede da A.E.A.S. (Avda. Castelao 47 Galerías, Arcade). A asociación continuará ofrecendo formación aos asociados e traballadores, bolsa de emprego, asesoramento a emprendedores entre outras actividades. Máis información en http://www.aeas.org/

 

Antonio Álvarez, Vicepresidente da A.E.A.S., e Jacobo Martínez, Tesoureiro, informaron que un dos obxectivos a curto prazo da asociación será a promoción da hostalaría de Arcade e Soutomaior no próximo Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía que se levará a cabo en Vigo os días 29, 30, 31 de outubro e 1 de novembro nas instalacións do IFEVI, na Feira EXPOGALAECIA 2011. A iniciativa realizarase en colaboración co Concello de Soutomaior para impulsar o desenvolvemento comercial e turístico da zona.

   



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO