A Mesa Local do Comercio de Soutomaior avala o proxecto de "Renovación da instalación de saneamento do Mercado Municipal"
Onte, tivo lugar na Sala de Comisións da Casa do Concello unha reunión da MESA LOCAL DE COMERCIO DE SOUTOMAIOR para informar do proxecto de "Renovación da instalación de saneamento do Mercado Municipal" como marca a nova Lei de Comercio Interior de Galicia, sendo a MESA a conexión entre o sector do comercio e a administración.
A praza de abastos de Arcade do Concello de Soutomaior iniciará nos próximos días unhas obras de reforma co obxectivo de mellorar as instalacións e modernizar a súa imaxe para facela máis atractiva de cara aos clientes.
O proxecto de actuación, que conta cun prazo de execución dun mes e medio, recibiu onte o respaldo da mesa local do comercio, constituída polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera; a edil Dores Cernadas; o presidente da Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior (A.E.A.S.), Andrés Cal; o vicepresidente da Asociación de Amas de casa, consumidores e usuarios Rías Baixas, Marisol Hernández; e a representante da Xunta de Galicia, Rosa María Rivas Lois.
Según informou onte o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o proxecto foi ben recibido polos representantes das asociacións de empresarios e consumidores, que acordaron por unanimidade considerar a reforma do mercado como beneficiosa para o municipio.
As obras de modernización da praza de abastos levaranse a cabo co fin de lograr o correcto funcionamento da instalación e impulsar a demanda dos locais comerciais sen uso, posto que actualmente se encontran catro baleiros. As obras consistirán nun cambio do pavimento interior, a mellora da instalación do saneamento, a renovación dos aseos, a impermeabilización do forxado para evitar a filtración de auga aos locais de planta baixa e a limpeza da fachada exterior, entre outras melloras.
Os traballos comezarán antes de que conclúa o mes e está prevista a finalización no mes de decembro.
Máis de Alcaldía
- Barreiras na Curva de Salgueirón
- Curva de Salgueirón
- Doamos sangue en Arcade? "O TEU SANGUE É VIDA, COMPÁRTEA"
- A Xunta presenta no Concello de Soutomaior o Plan de Emerxencias da presa de Eiras
- Soutomaior promociónase na "Feira Internacional do Turismo" celebrada en Madrid
- A AEAS premia aos emprendedores máis destacados do ano e fai entrega dunhas placas conmemorativas ao Concello de Soutomaior e á Deputación de Pontevedra
- MERCA NA RÚA reparte 3.000 euros entre os clientes do comercio local
- A campaña "MERCA NA RÚA" de Economía e Industria incentivará as compras no comercio local de Soutomaior
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













