PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Alcaldía

A Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior recibe asistencia técnica por parte dunha bolseira da Deputación de Pontevedra

 

Onte, tivo lugar a firma do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior para o fomento do emprego, a mellora e promoción do asociacionismo e a representatividade das asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra. Esta acción desenvólvese no marco dunha iniciativa impulsada pola Área de Comercio da Deputación de Pontevedra.

 

O acto foi celebrado ás 11,30 horas no Centro Multiusos de Arcade, ao que asistiron o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o deputado Alberto Pazos, o presidente da A.E.A.S., Andrés Cal, e o vicepresidente desta, Antonio Álvarez.

 

Según explicou Alberto Pazos, esta bolseira colaborará dende a sede da asociación na profesionalización do sector, na súa dinamización, na promoción do asociacionismo e, en aumentar a representatividade das asociacións. Cumprindo unha dobre función, potenciar o pequeno comercio e posibilitar unha saída laboral con posibilidade de considerarse no futuro para os profesionais universitarios. Sendo conscientes de que o sector do comercio na provincia de Pontevedra, ao igual que no resto de Galicia, está a vivir un momento especialmente sensible, a Deputación de Pontevedra esfórzase por crear novas liñas de actuación e dinamizar o pequeno comercio permitíndolles axudar a mellorar os seus niveis de servizo, calidade ao cliente e promoción.

 

Así mesmo, o presidente da A.E.A.S. manifestou o seu agradecemento polo labor que desenvolverá este profesional facilitándolles a xestión da asociación. A bolseira, licenciada en Económicas, encargarase de conseguir axudas dirixidas ao pequeno comercio e á hostalaría; realizará todo tipo de xestións e trámites; traballará na captación de novos socios; e facilitará asesoramento os soci@s.

 

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, tamén fixo constar o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra pola súa contribución ao pequeno comercio de Arcade e Soutomaior "o apoio os comerciantes e hosteleiros nestes momentos tan difíciles que estamos a vivir é fundamental".

 

A bolseira traballará ata o mes de decembro podendo ser prorrogada por outros seis meses máis.

  

Asociación de Empresarios Arcade-Soutomaior (A.E.A.S.) 

A Asociación de Empresarios de Arcade-Soutomaior, constituída o 27 de xullo de 1998, é unha asociación sen ánimo de lucro, privada e independente, que ten como fin xestionar, defender e coordinar os intereses comúns dos seus membros. A formación dos asociados e empregados, o desenvolvemento turístico da zona, a bolsa de emprego, o asesoramento a emprendedores ou a captación de subvencións son algunhas das súas prioridades.

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO