A campaña "MERCA NA RÚA" de Economía e Industria incentivará as compras no comercio local de Soutomaior

A iniciativa ponse en marcha a través da Oficina Provincial de Comercio de Pontevedra, financiada por Economía e Industria a través dun programa de colaboración coa Deputación de Pontevedra e que forma parte da "Rede de Dinamización Comercial de Galicia", REDIC. Esta rede conta con 22 puntos de información na provincia de Pontevedra.
A Consellería de Economía e Industria, na súa aposta pola modernización e dinamización do comercio de proximidade, impulsa unha nova edición de MERCA NA RÚA, que incentivará as compras no Concello de Soutomaior mediante o sorteo de vales agasallo por un valor total de 3.000 euros.
O Deputado, Alberto Pazos, acompañado polo alcalde de Soutomaior e membros da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior (A.E.A.S.), presentou esta acción esta mañá en Arcade. Alberto Pazos explicou que esta iniciativa permite promover o asociacionismo comercial e fomentar a colaboración entre as asociacións de comerciantes locais e as administracións públicas. Do mesmo xeito que a creación do Portal do Comerciante ou as Mesas Locais de Comercio, que se crearon co fin de abrir canles de comunicación directas e eficaces.
A carpa estará instalada durante 15 días na Alameda de Tallo Río, até o sábado 29 de outubro, data na que terá lugar o sorteo, de carácter presencial, noutra instalación máis grande no mesmo lugar con actividades de recreo programadas para os máis novos.

Os participantes recibirán un boleto ao realizar a súa compra nos comercios de Arcade e Soutomaior. Xunto co ticket de compra deberán depositalo na urna instalada na carpa para optar aos premios en metálico. Así, cantas máis compras fáganse, maior número de boletos conseguirán. Cada compra, independentemente do seu importe, dará dereito a un boleto de participación. Cando o importe da compra supere os 10 euros, outorgarase ao consumidor un boleto de participación a maiores por cada 10 euros de compra.
A carpa informativa estará aberta ao público e atendida polos promotores en horario comercial de 10:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:30h de luns a venres, o sábado 22 estará dispoñible de 10:00h a 14:00h. En tódolos comercios que formen parte da actividade haberá carteis informativos da mesma que indiquen a súa participación.
O sábado 29 de outubro celebrarase a festa de peche e entrega de premios da campaña MERCA NA RÚA, polo que a carpa permanecerá aberta durante todo o día realizándose o sorteo ás 18:30h da tarde. Será imprescindible a presenza física da persoa agraciada no sorteo así como a metade do boleto premiado.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que con esta iniciativa saen beneficiados tanto os clientes, que ven premiada a súa fidelidade, como o comercio local, porque non só se dinamiza a súa actividade ao longo de quince días senón que unha vez finalizada a campaña os premios reinvístense nos seus establecementos.
Máis de Alcaldía
- Barreiras na Curva de Salgueirón
- Curva de Salgueirón
- Doamos sangue en Arcade? "O TEU SANGUE É VIDA, COMPÁRTEA"
- A Xunta presenta no Concello de Soutomaior o Plan de Emerxencias da presa de Eiras
- Soutomaior promociónase na "Feira Internacional do Turismo" celebrada en Madrid
- A AEAS premia aos emprendedores máis destacados do ano e fai entrega dunhas placas conmemorativas ao Concello de Soutomaior e á Deputación de Pontevedra
- MERCA NA RÚA reparte 3.000 euros entre os clientes do comercio local
- A campaña "MERCA NA RÚA" de Economía e Industria incentivará as compras no comercio local de Soutomaior
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













