MERCA NA RÚA reparte 3.000 euros entre os clientes do comercio local
Esta iniciativa alentou as compras nas tendas locais do municipio durante dúas semanas, sorteando este sábado entre todos os clientes 21 vales de agasallo valorados en total en 3.000 euros. Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria, a través da Campaña de Dimanización Comercial MERCA NA RÚA, aposta pola modernización e dinamización do comercio de proximidade. Así mesmo, promoveuse o asociacionismo comercial e fomentouse a colaboración entre a asociación de comerciantes local (www.aeas.org) e as administracións públicas.

Os vales foron entregados pola Directora Xeral de Comercio, Nava Castro; o Deputado Provincial, Alberto Pazos; o Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera; o Concelleiro de Comercio de Soutomaior, Cesar Peon; e polo Presidente e o Vicepresidente da Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior (A.E.A.S.), Andrés Cal e Antonio Álvarez. Con esta inicitiva saen beneficiados tanto os clientes, que ven premiada a súa fidelidade, como o comercio local, porque non só se dinamiza a súa actividade ao longo de quince días senón que unha vez finalizada a campaña os premios reinvístense nos seus establecementos.

A iniciativa púxose en marcha a través da Oficina Provincial de Comercio de Pontevedra, financiada por Economía e Industria a través dun programa de colaboración coa Deputación de Pontevedra e que forma parte da “Rede de Dinamización Comercial de Galicia”, REDIC.

A carpa estivo instalada durante 15 días na Alameda de Talo Río de Arcade, até o sábado 29 de outubro, data na que tivo lugar o sorteo de carácter presencial. A carpa permaneceu aberta durante todo o día ofrecendo actividades de recreo programadas para os máis novos.
Fotografías do SORTEO "MERCA NA RÚA"
Máis de Alcaldía
- Barreiras na Curva de Salgueirón
- Curva de Salgueirón
- Doamos sangue en Arcade? "O TEU SANGUE É VIDA, COMPÁRTEA"
- A Xunta presenta no Concello de Soutomaior o Plan de Emerxencias da presa de Eiras
- Soutomaior promociónase na "Feira Internacional do Turismo" celebrada en Madrid
- A AEAS premia aos emprendedores máis destacados do ano e fai entrega dunhas placas conmemorativas ao Concello de Soutomaior e á Deputación de Pontevedra
- MERCA NA RÚA reparte 3.000 euros entre os clientes do comercio local
- A campaña "MERCA NA RÚA" de Economía e Industria incentivará as compras no comercio local de Soutomaior
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













