A AEAS premia aos emprendedores máis destacados do ano e fai entrega dunhas placas conmemorativas ao Concello de Soutomaior e á Deputación de Pontevedra

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Antonio Reguera Repiso, a coordinadora da área de Comercio da Deputación de Pontevedra, Alma M. Pérez Aguiño, xunto con presidentes e membros doutras asociacións da provincia e empresari@s soci@s da Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior, asistiron o pasado xoves á celebración anual coa que a AEAS premia aos emprendedores máis destacados do ano.
Este ano, na entrega de premios e distincións que organiza a Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior, foron homenaxead@s María Duarte Rey de "Dubar Comercial" e Francisco Lorenzo Boullosa de "Restaurante Arcadia" con motivo da súa xubilación. Tamén foron premiad@s en recoñecemento á traxectoria e ao esforzo, Milagros Cal Conde de "Mila Arcade, S.L." e Manuel Reguera Garrido de "Cafetaría Ibiza".
O presidente da Asociación, Andrés Cal Malleiro, agradeceu tamén a presenza do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera Ocampo, e da coordinadora da área de Comercio da Deputación de Pontevedra, Alma M. Pérez, e fíxolles entrega dunha PLACA CONMEMORATIVA a cada un en recoñecemento ao apoio que as institucións ás que representan tiveron especialmente este ano co comercio de Arcade e Soutomaior.

Tras a entrega de premios e distincións, á que asistiron máis de medio centenar de persoas, celebrouse como é habitual a cea de confraternización da Asociación na Pousada do Castelo.
O presidente da Federación de Comercio, Antonio Reguera Repiso, ao clausular a velada, entregou a "Medalla de Ouro" da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra ao presidente da AEAS e unha distinción á Asociación en recoñecemento ao labor realizado en prol do comercio e a industria da súa localidade e pola colaboración prestada por esta asociación coa Federación.

Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior (A.E.A.S.)
A Asociación de Empresarios de Arcade-Soutomaior é unha asociación sen ánimo de lucro, privada e independente, que se constituíu o día 27 de xullo de 1998, co fin de xestionar, defender e coordinar os intereses comúns dos seus membros. Transversalmente a estes fins, enténdese unha preocupación polo desesarrollo empresarial, así como pola dinamización turístico-social da zona; faceta que está ligada intimamente ao benestar económico e nivel de formación da poboación, tanto do propio municipio como dos arredores.
Máis información en http://www.aeas.org/
Organigrama XUNTA DIRECTIVA
PRESIDENTE D. Andrés Cal Malleiro
VICEPRESIDENTE D. Antonio Álvarez López
SECRETARIO Dna. Mª José Castellano Sobral
TESOUREIRO D. Jacobo Martinez Machado
VOCAIS D. Carlos Antonio Camba Queiro, D. Álvaro Vergara Rodríguez, D. Víctor López Cid
Dirección sede AEAS
Avda. Castelao, 47 Glerías 36690 Soutomaior - Pontevedra
Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Máis de Alcaldía
- Barreiras na Curva de Salgueirón
- Curva de Salgueirón
- Doamos sangue en Arcade? "O TEU SANGUE É VIDA, COMPÁRTEA"
- A Xunta presenta no Concello de Soutomaior o Plan de Emerxencias da presa de Eiras
- Soutomaior promociónase na "Feira Internacional do Turismo" celebrada en Madrid
- A AEAS premia aos emprendedores máis destacados do ano e fai entrega dunhas placas conmemorativas ao Concello de Soutomaior e á Deputación de Pontevedra
- MERCA NA RÚA reparte 3.000 euros entre os clientes do comercio local
- A campaña "MERCA NA RÚA" de Economía e Industria incentivará as compras no comercio local de Soutomaior
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













