PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Alcaldía

Subvención para proxecto aforro enerxético

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, reuniuse co xefe territorial da Consellería de Economía e Industria, Ignacio Rial Santomé, que lle comunicou a concesión dunha subvención para un proxecto de aforro enerxético por importe de trinta e seis mil euros.

A devandita subvención é destinada a eficiencia e aforro enerxético no rural do Concello de Soutomaior, e consiste no cambio de máis de 150 unidades de luminarias, así como as correspondentes lámpadas, balastro electrónico e conmutadores de potencia.

Esta actuación vai supoñer un aforro do 50% na factura de enerxía eléctrica para o Concello nos puntos que se leve a cabo a substitución.

O concello xa tomou outras medidas de aforro enerxético que contribúen a diminuír o gasto corrente do concello dentro da política de austeridade emprendida polo equipo de goberno e a correspondente contribución o coidado do medio.

O alcalde mostrou a súa satisfacción por concesión da subvención nun momento tan delicado xa que é a primeira vez que se accede a mesma.



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO