PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Cultura, Festas, Turismo, Patrimonio

Máis de 1.600 personas solicitaron información na OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO de Soutomaior


A Concellería de Turismo de Soutomaior puxo en marcha dende o 29 de marzo, coincidindo con Semana Santa, a Oficina Municipal de Turismo situada no peirao de Arcade. A actuación está avalada pola colaboración de Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra e como novidade, este ano debido ao Xacobeo, a Oficina permanecerá aberta durante un período de seis meses en vez de catro.


Os servizos ofrecidos dende a Oficina van dirixidos ao turista e ó residente de Soutomaior, nela poderán encontrar información, animación e promoción turística da zona e arredores; así como servizos complementarios que melloran a atención ao público, dende unha Biblioverán, que ten como obxectivo principal achegar a lectura ao transeúnte, a través do préstamo de xornais, libros ou revistas como "Viaxar"; ou a reseva das pistas de tenis e padel que ofrece o Concello de Soutomaior. Os internautas poderán consultar a oferta turística do Concello na súa Web www.soutomaior.com.


Dolores Cernadas, Concelleira de Turismo, explica que os horarios de apertura son de 10 h a 14 h e de 16:30h a 20:30h durante todos os días da semana, de luns a domingo incluídos festivos, permanecendo aberta ata o 28 de setembro. "Ademais conta con tódolos medios materiais para ofrecer un servizo completo e de calidade" engade a edil.


A Oficina Municipal de Turismo atendeu durante estes meses a máis de 1.600 persoas, entre elas, turistas, peregrinos e habitantes de Soutomaior. Sinalan dende esta dependencia que a cifra é algo inferior á do ano pasado debido á mala situación financeira que se está a vivir en todo o mundo. A gran diferenza doutros anos, é a grande afluencia de peregrinos debido ao Ano Santo que se deixan caer polo municipio seguindo o Camiño Portugués e que acoden á Oficina de Turismo para selar a credencial e conseguir a "Compostela" unha vez chegados a Santiago. Camiño, que é apoiado e promovido polo Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e polo seu equipo de goberno.


Os veraneantes que se achegan á Oficina adoitan preguntar sobre todo polo Castelo de Soutomaior e as famosas ostras de Arcade, xa que é o que máis lles soa, ademais de interesarse polas opcións de ocio no Concello e que visitar ou onde ir na zona das Rías Baixas. Habitualmente adoitan demandar información sobre gastronomía, aloxamento, rutas de sendeirismo ou festas de interese turístico. O perfil do turista segue sendo de entre 35 e 60 anos, procedentes a maioría de Galicia, Asturias, Cataluña; e a nivel internacional destacan os alemáns, portugueses e franceses.


Segundo a Técnica de Turismo, Maria Garrido, "os residentes de Soutomaior tamén fan uso do servizo para planificar ás súas vacacións e visitas turísticas ós arredores, como os horarios das saídas ás Islas Cíes e San Simón, ás festas e romaxes de Galicia ademais doutras consultas".


Segundo a destacado o Alcalde, Agustín Reguera "dende ou Concello non escatimamos en reforzar ás labores de promoción turística e de atención o visitante. Animar ós galegos a redescubrir a súa terra e conseguir que os peregrinos fagan unha parada longa en Soutomaior a través do Camiño Portugués".


INFORME ANO 2009

Segundo os datos achegados pola Oficina de Turismo, durante o período comprendido entre o 1 de xuño ao 30 de setembro do 2009 solicitaron información 2.210 persoas, unha cifra bastante superior á tempada anterior de 2008, que foi de 1.643 visitantes. No informe tamén se destaca que o perfil do visitante máis asiduo son con diferenza os de idades comprendidas entre os 35 e os 60 anos; procedentes de Galicia sobre todo de Vigo e Pontevedra, a nivel nacional séguelle Asturias, Pais Vasco, Andalucia, Cataluña e a Comunidade Valenciana e finalmente a nivel internacional destacan estranxeiros de Alemaña, Francia, Italia, Xapón e Estados Unidos.


As consultas máis habituais dos usuarios da oficina foron relacionadas na súa maioría co municipio e arredores. Os visitantes a miúdo solicitaron información sobre restaurantes e marisquerías da zona, así como hoteis próximos, actividades culturais e deportivas, mapas e guías do concello, información acerca dos recursos turísticos como o Castelo e os seus xardíns, as rutas de sendeirismo, praias fluviais, festas e romaxes...




 
  • Video documental
  • En la Biblioteca

El Estrecho de la Madre de Dios.
Una novela de aventura entre mares y piratas.
La Novela Hispano Americana.
Una historia que te lleva a la América colonial del siglo XVII
Los guardianes del tiempo.
En términos filosóficos, una forma de ver la vida.
Don Quijote de la Mancha.
"En un lugar de la Mancha..."

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BATUKA

+ INFO


  • Prazo de inscrición ABERTO

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de GUITARRA ELÉCTRICA E ESPAÑOLA

+ INFO


  • Inscrición ata cubrir prazas

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA: Xuvenil e Adultos

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso OPENOFFICE. OFIMÁTICA DE SOFWARE LIBRE (procesador de textos e folla de cálculo) Nivel Iniciación

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso MONOGRÁFICO MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR

+ INFO


  • Inscrición ata o 14 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ENTROIDO 2012!!! OBRADOIRO DE PREPARACIÓN DUNHA COMPARSA DE ENTROIDO E O "LUDOENTROIDO"

+ INFO


  • Inscrición ata o 23 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso FOLLA DE CÁLCULO, APLICADO Á EMPRESA Nivel Medio-Avanzado

+ INFO


  • Inscrición ata o 24 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

MANUALIDADES EN FAMILIA!!! =)

+ INFO


  • Inscrición ata o 28 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de DINAMIZACIÓN E RETRASO DO DETERIORO NA TERCEIRA IDADE

+ INFO