PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Cultura, Festas, Turismo, Patrimonio

HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior


A Concellería de Cultura de Soutomaior, dirixida por Dolores Cernadas, pon en marcha un novo programa para aquelas persoas interesadas en coñecer curiosidades doutras culturas. "Historia, Cultura e Tradicións ÁRABES", será a temática inicial que se impartirá na Biblioteca Municipal coordinado polo profesor Boujemaa Belquasmi.


As dificultades que formula calquera proceso de integración multiplícanse cando existe un descoñecemento da cultura inmigrante por parte dos membros da comunidade receptora. Por iso dende a Biblioteca Municipal en coordinación co profesor Boujemaa Belquasmi impartirase un curso sobre lingua e cultura árabe dirixido a españois adultos, que será impartido por Boujemaa Belquasmi de xeito voluntario polo que a inscrición será gratuita.


Durante o curso daranse o alifato árabe en conceptos fonéticos e caligráficos o que permitirá aos participantes dispoñer das ferramentas básicas para ler e escribir textos sinxelos. Na última xornada do curso tratarase a historia, cultura e tradicións árabes.


Este curso de nivel básico de 18 horas desenvolverase na biblioteca dende o día 27 de setembro ata o 25 de outubro cun límite de 12 prazas (con preferencia empadroados en Soutomaior). As clases serán os luns, martes e mércores de 18:30h a 20h. Ó finalizar expedirase un certificado de asistencia.


Currículo Vital do profesor Belquasmi Boujemaa:

Licenciado en Literatura e Ciencias Humanas pola Universidade de Ibn Zohr, Añadir, Marrocos, dende xuño de 2001 e profesor diplomado en lingua árabe polo Centro de Formación de Profesorado de Laayoune dende xuño de 1993.

Datos profesionais:

É profesor de lingua e cultura marroquí na provincia de Pontevedra dende xaneiro de 2009.


Máis información chamando á Biblioteca Municipal de Soutomaior situada en Arcade: 986 700 291




 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO