A Biblioteca Municipal de Soutomaior ofrece varios cursos dirixidos a maiores de 55 anos
O Concello de Soutomaior pon en marcha, a través do proxecto BIBLIOWINK (Biblio aceno) da Biblioteca Municipal LUIS SEOANE, unha serie de cursos para maiores de 55 anos, cuxa finalidade é atraer a este grupo de idade á biblioteca mediante a oferta de diferentes actividades de carácter cultural. Os cursos, na súa maior parte, son impartidos por persoal voluntario da Biblioteca de Soutomaior.
Entre as iniciativas encóntranse:
CURSO DE INGLÉS BÁSICO
Práctico e participativo, onde a través da linguaxe oral e o xogo se ofrece aos participantes as ferramentas básicas para defenderse en inglés en situacións cotiás (comunicar datos persoais, gustos, viaxes, médico, vacacións).
As clases comezan este mércores 6 de abril celebrándose todos os mércores de 11:30h a 12:30h da mañá na Biblioteca Municipal situada en Arcade. O curso terá unha duración de 12 horas e un máximo de 14 prazas dispoñibles.
TALLER "COMO ACTIVAR A MENTE" (exercicios para mellorar a memoria e a concentración)
Dentro do programa dirixido ás persoas maiores de Arcade para contribuír a atrasar as perdas provocadas polo envellecemento e optimizar ao máximo as súas capacidades; unha das accións é a estimulación cognitiva e sensorial que consiste en exercicios para mellorar a memoria, a concentración e a atención. Ademais durante esta etapa da vida é imprescindible tomar conciencia da importancia do coidado dos sentidos.
Ao finalizar cada taller ofrecerase un espazo de reflexión para resolver dúbidas, coñecer as súas aptitudes, gustos e necesidades individuais para orientalos en actividades a realizar para ocupar o seu tempo, realizar cousas pendentes na súa vida, etc.
As clases comezan o xoves 7 de abril celebrándose posteriormente tódolos martes de 17:00h a 19:00h da tarde no Centro Social de Maiores de Arcade. Realizarase durante os meses de abril e maio e estarán dispoñibles un total de 20 prazas.
CURSO DE AUTOMASAXE
Para aqueles interesados en coñecer esta técnica como remedio ou alivio a enfermidades como o estrés, artrite, artrose, dores musculares ou cervicais, entre outras.
As clases comezan o luns 11 de abril de 11:30h a 12:30h celebrándose todos os luns en Centro Social de Maiores de Arcade. Hai 14 prazas dispoñibles e durará un mes.
Para máis información e reserva de prazas preguntar no mostrador da Biblioteca Municipal ou no Centro Social de Maiores de Arcade. Poden chamar o 986 700 291.
- Video documental
- En la Biblioteca
Máis de Cultura
- Actividades 2º Trimestre
- Galego de Cine II
- Galego de Cine
- XXVI Festa da Ostra en Arcade
- XXVI Festa da Ostra en Arcade
- XII Certame da Camelia 2012
- Este fin de semana terá lugar a XII edición do CERTAME E EXPOSICIÓN DA CAMELIA no Castelo de Soutomaior
- A "Casa da Barreira" de Soutomaior é galardoada polo Sistema Integral de Calidade Turística Española
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre
















