PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Cultura, Festas, Turismo, Patrimonio

A Biblioteca Municipal de Soutomaior celebra a SEMANA DO LIBRO perseguindo a motivación da xuventude

 

A Biblioteca Municipal LUIS SEOANE de Soutomaior  celebrará dende o luns 11 ata o venres 15 a VI edición da SEMANA DO LIBRO. Unha celebración literaria coa que a casa do concello municipal fomenta e promove a lectura entre os máis novos. O Alcalde do Concello de Soutomaior, Agustín Reguera, apuntou que "o feito de ler non se pode impoñer polo que os adultos temos a obriga de dar exemplo para fomentar a lectura".

 

Talleres de animación á lectura, contacontos, representacións teatrais, visitas á biblioteca e pases de películas centran a axenda de actividades programadas para a SEMANA DO LIBRO 2011, unha conmemoración que persegue a motivación dos máis novos ante o mundo do libro.

 

*LUNS 11 ás 17:00h Taller de Contacontos "Soños de algodón" (Amalia Pérez Otero) 

 MARTES 12 ás 16:30h Cine Infantil: O MEU VECIÑO TOTORO (Hayao Miyazaki)

*MÉRCORES 13 ás 17:00h Taller de Contacuentos "A Illa do Tesouro" (Amalia Pérez Otero)

 XOVES 14 ás 17:00h Taller de canción KARAOKE (Nin fu nin fa animación) Taller Familiar

 VENRES 15 ás 17:00h Contacontos en Inglés "Where´s spot? " (English Story Time) Contacontos Familiar

 

Para participar nas actividades do luns 11 e do mércores 13 haberá que realizar unha inscrición previa para os nenos e nenas de entre 4 e 10 anos dispoñendo de 30 prazas por cada actividade.

 

Para máis información preguntar no mostrador da Biblioteca Municipal situada en Arcade. Poden chamar o 986 700 291.

 



 
  • Video documental
  • En la Biblioteca

El Estrecho de la Madre de Dios.
Una novela de aventura entre mares y piratas.
La Novela Hispano Americana.
Una historia que te lleva a la América colonial del siglo XVII
Los guardianes del tiempo.
En términos filosóficos, una forma de ver la vida.
Don Quijote de la Mancha.
"En un lugar de la Mancha..."

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO