PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Cultura, Festas, Turismo, Patrimonio

A exposición “O NOSO CONCELLO EN BRANCO E NEGRO” trasládase á Casa da Cultura de Soutomaior

 

A exposición temporal “O NOSO CONCELLO EN BRANCO E NEGRO”, iniciativa do Concello de Soutomaior, trasládase á Casa da Cultura de Soutomaior permanecendo aberta ata o 30 de maio. Unha iniciativa que solicitou a colaboración dos habitantes para recoller unha ampla colección de fotografías antigas do municipio, conseguindo reunir máis de 2.000 imaxes tomadas entre finais do século XIX ata os anos oitenta do século pasado.

 

A exposición foi inaugurada o 28 de marzo no Multiusos de Arcade polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e dende ese día foi visitada por máis de 1.500 persoas durante todo o mes de abril, coincidindo co 25º aniversario da FESTA DA OSTRA.

 

A iniciativa tivo unha boa acollida entre os veciños e veciñas de Soutomaior, grazas aos colaboradores recompiláronse máis de 2.000 fotografías, 500 están expostas en papel e o resto nunha presentación de 120 minutos de duración que poderán ver tranquilamente sentados nas butacas do novo auditorio da Casa da Cultura.

 

Dado o interese espertado e a boa aceptación que tivo ata agora a exposición, o Concello de Soutomaior decidiu trasladala á Casa da Cultura da parroquia de Soutomaior e seguir mostrándolle ao pobo e visitantes as imaxes que revelan a historia do municipio, instantáneas que recollen a vida cotiá dos nosos antecesores. En definitiva, unha gran colección de fotos antigas dos espazos urbanos, as casas, as xentes, as actividades laborais e educativas, as festas, os momentos de lecer e os acontecementos máis significativos de Arcade e Soutomaior ao longo de todo un século.

 

Os interesad@s en disfrutar da exposición poden facelo ata o 30 de maio de luns a venres de 16:30 a 20:30h na Casa da Cultura de Soutomaior.

 



 
  • Video documental
  • En la Biblioteca

El Estrecho de la Madre de Dios.
Una novela de aventura entre mares y piratas.
La Novela Hispano Americana.
Una historia que te lleva a la América colonial del siglo XVII
Los guardianes del tiempo.
En términos filosóficos, una forma de ver la vida.
Don Quijote de la Mancha.
"En un lugar de la Mancha..."

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO