PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Cultura, Festas, Turismo, Patrimonio

Queres formar parte dun CLUB DE LECTURA? A Biblioteca Municipal de Soutomaior ofrece dúas alternativas para o mes de decembro

 

"Sabor a chocolate" e "The God of Smal Things" son os libros seleccionados para este mes de decembro. Non fai falta que sexas un experto lector, o Club está pensado para xente coma TI con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amig@s e intercambiar opinións con outras persoas.

 

Un club de lectura fórmano un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro. Cada un faio na súa casa e unha vez ao mes reúnense todos para compartir e comentar as lecturas programadas.

 

Club de lectura en inglés

Proposta para o mes de decembro: The God of Smal Things.

Novela escrita en 1997 en lingua inglesa pola escritora india Arundhati Roy nada en 1961, que conta as experiencias da infancia de dous irmáns xemelgos no estado indio de Kerala, durante o ano 1969. É unha descrición de como as pequenas cousas da vida acumúlanse, tradúcense ao comportamento das persoas e afectan as súas vidas. A novela gañou o Premio Booker en 1997.

Existen 15 prazas para asistir ao club de lectura en lingua inglesa e é necesario inscribirse previamente. As reunións comezarán o día 12 de xaneiro e terán lugar os xoves da segunda e cuarta semana de cada mes ás 19:15h na segunda planta da biblioteca. A actividade coordínaa Catherine Margaret O´Neill, profesora de inglés.

*Os exemplares da obra préstaos a Biblioteca Municipal de Soutomaior.

 

Club de lectura en español

Proposta para o mes de decembro: Sabor a chocolate.

Novela escrita en 2009 por José Carlos Carmona. Entre dous continentes, partidas de xadrez e notas de violín, "Sabor a chocolate" é unha sinfonía incompleta de amor e de soños. Unha novela tan intensa e adictiva como o mellor chocolate.

Actualmente hai prazas libres para participar no club de lectura en lingua española. As reunións teñen lugar o último venres de cada mes ás 19:00h na segunda planta da biblioteca. Coordina o Club Marián Muiños.

*Os exemplares da obra préstaos a Biblioteca Municipal de Soutomaior.

 

Ambas as actividades son gratuítas.

 

Horario de atención ao público da Biblioteca Municipal:

De luns a venres de 16:00 a 20:00 horas e ademais os martes e xoves de 9:00 a 14:00 horas.

C/Illas Alvedosas, 3

36690 Arcade - Soutomaior Pontevedra

Telf. 986 700 291

e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 



 
  • Video documental
  • En la Biblioteca

El Estrecho de la Madre de Dios.
Una novela de aventura entre mares y piratas.
La Novela Hispano Americana.
Una historia que te lleva a la América colonial del siglo XVII
Los guardianes del tiempo.
En términos filosóficos, una forma de ver la vida.
Don Quijote de la Mancha.
"En un lugar de la Mancha..."

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO