O Castelo de Soutomaior opta a ser "Xardín de Excelencia Internacional"

O Congreso Mundial da Camelia que se celebra o mes que vén en China debaterá a distinción do parque do Castelo de Soutomaior como "Xardín de Excelencia Internacional da Camelia" e da Estación Fitopatológica de Areeiro, tamén dependente da Deputación, como "centro europeo de referencia de camelias históricas".
A xunta de goberno da institución provincial aceptou a presentación da candidatura, segundo publicou o Boletín Oficial da Provincia o pasado luns.
O Congreso Mundial da Camelia terá lugar do 5 ao 9 de febreiro na localidade chinesa de Chuxiong, un de cuxos atractivos é o Xardín das Especies da Camelia, unha planta orixinaria de Asia e cultivada con éxito nas Rías Baixas.
Pontevedra será sede do Congreso Mundial da Camelia en 2014. Espera reunir a uns 400 expertos internacionais.
Máis información en XARDÍN DO CASTELO - CONCELLO DE SOUTOMAIOR ou en CASTELO DE SOUTOMAIOR - DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
- Video documental
- En la Biblioteca
Máis de Cultura
- Actividades 2º Trimestre
- Galego de Cine II
- Galego de Cine
- XXVI Festa da Ostra en Arcade
- XXVI Festa da Ostra en Arcade
- XII Certame da Camelia 2012
- Este fin de semana terá lugar a XII edición do CERTAME E EXPOSICIÓN DA CAMELIA no Castelo de Soutomaior
- A "Casa da Barreira" de Soutomaior é galardoada polo Sistema Integral de Calidade Turística Española
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre
















