Os xardíns do Castelo de Soutomaior declarados de Excelencia Internacional
Os xardíns do Castelo de Soutomaior conseguiron o recoñecemento como XARDÍN DE EXCELENCIA INTERNACIONAL, unha distinción única en España. O recinto da fortaleza medieval, que reúne preto de 200 especies botánicas nunha extensión de 15.700 metros cadrados, é o sétimo de Europa que alcanza este recoñecemento, que até agora só posuían dezaoito xardíns en todo o mundo, situados en Xapón, Australia, Italia, Suíza, Sudáfrica, China e Estados Unidos.
O título outorgado aos xardíns de Soutomaior foi concedido durante o transcurso do Congreso Internacional da Camelia, que se celebrou esta semana na localidade Chinesa de Chuxiong. A Sociedade Internacional da Camelia (SCI) valorou os esforzos da Deputación de Pontevedra por "conservar, manter e difundir" este parque botánico no que a camelia ten un peso moi importante. Os xardíns do Castelo de Soutomaior cumpren co nove requisitos que a Sociedade da Camelia esixe para ser declarado de excelencia, como están o feito de permanecer aberto ao público regularmente, ser de entrada libre ou con taxas fixadas -no caso de Soutomaior é gratuíta-, ter rexistradas e etiquetadas todas as camelias e a súa localización no xardín, e posuír un mínimo de 200 cultivares e especies de camelia. Soutomaior conta na actualidade con 330 cultivares diferentes, 25 especies e 29 híbridos. Ademais, a Sociedade Internacional valorou tamén que os xardíns posúen unha colección de camelias históricas do século XIX -entre elas o exemplar de camelia japónica máis voluminoso de Galicia-, e que estas camelias comparten espazo con preto doutras 200 especies botánicas. Neste sentido destacan doce exemplares incluídos no catálogo de Árbores Monumentais de Galicia, como algúns exemplares de castiñeiros con 800 anos de antigüidade.
O empeño da Deputación por manter e preservar este xardín, así como o feito de desenvolver -a través da estación Fitopatolóxica do Areeiro- programas de investigación sobre a camelia; e as iniciativas para a súa difusión como a exposición e os cursos que se celebran sobre esta especie cada ano no castelo contaron tamén á hora de conceder a distinción. A presentación da candidatura de Soutomaior a Xardín de Excelencia e a obtención deste recoñecemento é un paso máis na difusión e promoción internacional de Pontevedra, que se verá culminado coa celebración nesta cidade do próximo Congreso Internacional da Camelia en 2014.
Proximamente... XII edición do CERTAME E EXPOSICIÓN DA CAMELIA

- Video documental
- En la Biblioteca
Máis de Cultura
- Actividades 2º Trimestre
- Galego de Cine II
- Galego de Cine
- XXVI Festa da Ostra en Arcade
- XXVI Festa da Ostra en Arcade
- XII Certame da Camelia 2012
- Este fin de semana terá lugar a XII edición do CERTAME E EXPOSICIÓN DA CAMELIA no Castelo de Soutomaior
- A "Casa da Barreira" de Soutomaior é galardoada polo Sistema Integral de Calidade Turística Española
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre
















