O Entroido, o Certame e Exposición da Camelia e a Festa da Ostra centran as actividades da Programación Cultural de Soutomaior

O Concello de Soutomaior está xa organizando todo o relativo á celebración da XII edición do CERTAME E EXPOSICIÓN DA CAMELIA que terá lugar os días 24 e 25 de marzo no Castelo de Soutomaior, en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Todos os que estean interesados en participar deberán entregar cubertos antes do 15 de marzo, os boletíns de inscrición atópanse nas oficinas do Concello, Biblioteca Municipal e Multiusos, ou ben pódense descargar a través da páxina Web www.soutomaior.com
Os premios comprenden as seguintes categorías:
- Tres premios á MELLOR FLOR
- Tres premios á MELLOR COMPOSICIÓN ARTÍSTICA
- Catro premios ao MELLOR ESCAPARATE, 2 á mellor flor e 2 á mellor composición artística, xa que os comerciantes tamén participan adornando os seus escaparates. Deberán telos acabados o sábado 24 antes das 14:00h.
- Tres premios para os COLEXIOS PARTICIPANTES
- Un premio especial LELITA GRADÍN
Ademais, todos os participantes levarán un obsequio conmemorativo da edición deste ano.
A entrega de premios será o domingo 25 de marzo ás 18:00h.
Resaltar un ano máis, a colaboración da Deputación de Pontevedra pondo a disposición da organización o recinto do Castelo, marco inigualable e un dos mellores contornos para este tipo de mostras. Así mesmo, a Deputación Provincial concederá catro dos premios que serán entregados no acto de clausura.
Este sábado 18 de febreiro levarase a cabo a FESTA INFANTIL DO ENTROIDO dende as 17,00h até as 19,00h no Pavillón Municipal de "A Montesiña". Os máis pequenos poderán realizar as súas propias máscaras e gozarán da música practicando bailes, coreografías... entre bromas e xogos en equipo, como unha gymkhana deportiva, na que terán que superar unha carreira de sacos, entre outras actividades. Ademais dunha batalla de globos xigantes e por último o desfile de disfraces.
A celebración non finaliza aquí, o vindeiro sábado 25 de febreiro a partir das 17,00h continúa a festa co DESFILE DE COMPARSAS pola Avda. de Xosé Solla e a posterior FESTA DE ENTROIDO na Alameda de Talo Río coa orquestra "ARENA".

- Video documental
- En la Biblioteca
Máis de Cultura
- Actividades 2º Trimestre
- Galego de Cine II
- Galego de Cine
- XXVI Festa da Ostra en Arcade
- XXVI Festa da Ostra en Arcade
- XII Certame da Camelia 2012
- Este fin de semana terá lugar a XII edición do CERTAME E EXPOSICIÓN DA CAMELIA no Castelo de Soutomaior
- A "Casa da Barreira" de Soutomaior é galardoada polo Sistema Integral de Calidade Turística Española
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre
















