Soutomaior "disfrázase" para o GRAN DESFILE DAS COMPARSAS DE ENTROIDO

O Concello de Soutomaior xa ten todo preparado para o GRAN DESFILE DAS COMPARSAS DE ENTROIDO que se celebrará este sábado, 25 de febreiro, día no que se levarán a cabo diversos actos para dar renda solta á creatividade e a diversión.
O desfile de entroido comezará ás 17:00 horas na Avda. Xosé Solla de Arcade, onde se concentrarán as comparsas participantes para realizar un percorrido pola avenida. Nesta edición participarán un total de 12 comparsas, das cales cinco son de Soutomaior e Arcade; sendo partícipes outros municipios como Poio, Tomiño, Pontesampaio, Ponte Caldelas ou Redondela.
Para un maior desfrute e calidade do espectáculo o centro urbano da localidade pecharase ao tráfico e eliminaranse os aparcadoiros na Avda. Xosé Solla a partir das 15:00 horas do sábado. Coa finalidade de garantir a seguridade estarán presentes a Policia Local e Protección Civil.
Unha vez finalizado o desfile, a festa continuará na Alameda de Talo Río coa actuación da orquestra "Arena".
Dende o Concello solicítase a colaboración de tod@s para que o desfile transcorra con normalidade e @s veciñ@s poidan gozar do entroido.
- Video documental
- En la Biblioteca
Máis de Cultura
- Actividades 2º Trimestre
- Galego de Cine II
- Galego de Cine
- XXVI Festa da Ostra en Arcade
- XXVI Festa da Ostra en Arcade
- XII Certame da Camelia 2012
- Este fin de semana terá lugar a XII edición do CERTAME E EXPOSICIÓN DA CAMELIA no Castelo de Soutomaior
- A "Casa da Barreira" de Soutomaior é galardoada polo Sistema Integral de Calidade Turística Española
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre
















