PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Cultura, Festas, Turismo, Patrimonio

Casa da Barreira " 4 Espigas"

A casa de Turismo rural "Casa Barreira" obtivo a clasificación de "4 espigas" (similar ao de 4 estrelas dun hotel) da Asociación Española de Turismo Rural.

Situada no barrio de Lourido (Soutomaior) é unha antiga casa de labranza situada na falda do Castelo de Soutomaior rodeada de amplos xardíns.

A fachada da casa e muros interiores son de pedra seguindo a tipoloxía da época. Con máis de 200 anos de antigüidade foi restaurada respectando todo o tipismo da zona e acondicionada con todas as comodidades de hoxe en día.

Por cuarto ano consecutivo recibiu tamén o distintivo SICTED ( Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino) que é un proxecto da Secretaría Xeral de Turismo, que, en colaboración coa Deputación Pontevedra, traballa na busca da calidade neste destino dende o ano 2005.

 O xerente da empresa Juan Ramón Campos entrega ao Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera unha copia do Certificado de Clasificación deste establecemento situado no Concello de Soutomaior



 
  • Video documental
  • En la Biblioteca

El Estrecho de la Madre de Dios.
Una novela de aventura entre mares y piratas.
La Novela Hispano Americana.
Una historia que te lleva a la América colonial del siglo XVII
Los guardianes del tiempo.
En términos filosóficos, una forma de ver la vida.
Don Quijote de la Mancha.
"En un lugar de la Mancha..."

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO