PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Deportes e Pavillón Municipal

O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior


Soutomaior completa as súas
instalacións deportivas cun novo campo de fútbol de herba artificial. O proxecto supón un investimento total de 350.000 euros, dos que o “Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local” faise cargo de 175.000 euros e  o Concello financia a contía restante.

A iniciativa xorde a través da Concellería de Deportes de Soutomaior, que seguindo a súa política de mellora das infraestructuras deportivas existentes no termo municipal, e atendendo á, cada vez maior demanda dos deportistas, no caso que nos ocupa futbolistas, “pretendemos levar a cabo a construcción dun campo de fútbol de herba artificial que complete a instalación xa existente en C.F. Arcade” explica o Alcalde Agustín Reguera.


O proxecto divídese en duas fases, a primeira financiada polo Fondo Estatal na que se dotará de infraestructuras básicas deportivas o campo, e, a segunda, na que se instalará a herba artificial facéndose cargo da obra o Concello. Según o edil Francisco Iglesias “considero que esta acción é totalmente necesaria para cumprir coas necesidades deportivas do municipio”.


A I Fase consiste na construcción do terreno de xogo, que mediante a preparación e asfaltado de 7700m2, dotarase de rego mediante a colocación de seis aspersores laterais, drenaxe para recollida de auga de choiva e sobrante de rego, 340 metros de varanda perimetral e preinstalación de alumado exterior.


A II Fase contempla a instalación de 6.864 m2 de céspede artificial de última xeración, sobre o céspede procederase a marcaxe dun campo de fútbol 11 dimensións 100*63m e dous campos de fútbol 7 de 63*45m. Dotarase o campo dun xogo de duas porterías reglamentarias de aluminio para fútbol 11 con redes de polipropileno e dous xogos de porterías abatibles tamén de aluminio para fútbol 7. Instalarase dous banquillos de oito prazas de estructura metálica e metacrilato, ademais dun marcador electrónico.


As obras no campo de fútbol xa se iniaron e contan con finalizalas a finais do mes de agosto.Grazas esta iniciativa poderemos gozar das mellores instalacións deportivas nos dous núcleos de Soutomaior, unhas instalacións singulares, modernas e de calidade” engade Agustín Reguera.



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO