PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Deportes

OPEN DE TENIS E PADEL en Soutomaior


Durante esta ultima semana nas Pistas do Pavillón de Deportes celebrouse o Torneo Open de Tenis e Padel "Concello de Soutomaior" organizado pola Agrupación Deportiva local " T & Padel Soutomaior" e patrocinado pola Concellería de Deportes.


Máis de 60 xogadores déronse cita neste Open que cada ano que pasa atrae xogadores de toda a provincia.


En Padel a parella viguesa Juan Figueirdo e Jose Maria Estevez impuxéronse na final a Fernando Jiménez e Angel Balbuena del Club Coliseum. E en Tenis proclamouse campión Joaquin Gil que se impuxo a Martin Casal polo tenteo de 6-2 e 6-3.


O Trofeo á parella mellor clasificada do Concello foi para Adrian e Tino.


O Concello de Soutomaior ante as numerosas demandas de pistas por parte dos distintos usuarios, esta elaborando, xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte, un estudo para construír unha pista máis de Padel e cubrir as existentes para poder sacar así maior rendemento de uso sobre todo no inverno.


Así mesmo o Concello de Soutomaior quere felicitar á Agrupación Deportiva local "T & Padel Soutomaior" pola perfecta organización do evento deportivo.




 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BATUKA

+ INFO


  • Prazo de inscrición ABERTO

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de GUITARRA ELÉCTRICA E ESPAÑOLA

+ INFO


  • Inscrición ata cubrir prazas

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA: Xuvenil e Adultos

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso OPENOFFICE. OFIMÁTICA DE SOFWARE LIBRE (procesador de textos e folla de cálculo) Nivel Iniciación

+ INFO


  • Inscrición ata o 2 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso MONOGRÁFICO MONITOR/A DE COMEDOR ESCOLAR

+ INFO


  • Inscrición ata o 14 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

ENTROIDO 2012!!! OBRADOIRO DE PREPARACIÓN DUNHA COMPARSA DE ENTROIDO E O "LUDOENTROIDO"

+ INFO


  • Inscrición ata o 23 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso FOLLA DE CÁLCULO, APLICADO Á EMPRESA Nivel Medio-Avanzado

+ INFO


  • Inscrición ata o 24 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

MANUALIDADES EN FAMILIA!!! =)

+ INFO


  • Inscrición ata o 28 de febreiro do 2012

Multiusos de Arcade, OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

Curso de DINAMIZACIÓN E RETRASO DO DETERIORO NA TERCEIRA IDADE

+ INFO