PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Deportes e Pavillón Municipal

Máis de 300 mozos de Soutomaior participarán no acto de CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS 2010- 2011

 

O Pavillón Municipal "A Montesiña" de Soutomaior acollerá este sábado, 28 de maio, ás 18:00 da tarde a CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS 2010-2011. Máis de 300 nenas e nenos participarán no acto a través dunha exhibición dos seus dotes adquiridos tras os cursos. Cursos que se iniciaron en outubro do 2010 e a través dos cales se impartiron máis de 12 modalidades deportivas, patinaxe artística, ximnasia rítmica, baile moderno, tenis ou kick-boxing entre outras.

 

A despedida da tempada incluirá a entrega de medallas e obsequios a todos os participantes de mans do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que valora moi positivamente as actividades desenvolvidas nas Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior "este ano conseguíronse máis logros deportivos que nunca, estou moi orgulloso" afirma o alcalde.

 

Por outro lado, o concelleiro de Deportes, Francisco Iglesias, comenta "vexo cumpridas ás miñas expectativas, conseguín que máis de 300 nenos e nenas da vila practiquen deporte a través das Escolas Deportivas Municipais. Tamén quero agradecer a colaboración do Ximnasio Club Arcade e Club Amigos Whu Shu".

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO