PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Deportes e Pavillón Municipal

A COPA DO FUTURO disputarase este fin de semana no Campo de Fútbol de Arcade

 

O Campo de Fútbol Municipal de "O Salgueirón" situado en Arcade protagonizará este fin de semana, sábado 11 e domingo 12, a fase final da COPA DO FUTURO, competición deportiva que promove a Deputación de Pontevedra. Nesta quinta edición participaron un total de 96 equipos e máis de 1.500 nenos con idades comprendidas entre os 6 e 8 anos, pasando á fase final 20 equipos.

 

Onte, tivo lugar no Pazo Provincial o acto de presentación da fase final que se levará a cabo este fin de semana no Concello de Soutomaior presentada polo deputado provincial de Deportes, Jose Enrique Sotelo, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Deportes, Francisco Iglesias. Ao igual que nas edicións anteriores, o campionato percorreu diferentes sedes locais da provincia (Vigo, Ponteareas, Tui, Cangas, Ribadumia-Vilanova e Pontevedra) coa finalidade de encontrar o mellor equipo prebenxamín da provincia de Pontevedra. Deste xeito, e despois de case tres meses de competición e diversión, a quinta edición da Copa do Futuro chega á súa fin.

 

Como é habitual a competición desenvolverase en dúas xornadas, vinte equipos participarán este fin de semana na final. O sábado 11 entre as 10,00h e as 20,30h disputarase a liga de oitavos de final, mentres que a rolda de eliminatorias (cuartos de final, partidos polo quinto ao oitavo posto, semifinais e final) levaranse a cabo na mañá do domingo 12 a partir das 09,30h sendo o partido decisivo ás 13,30h.

 

Os máis de 1.500 pequenos nacidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2003 que participaron, gozaron, ademais, doutras actividades que acompañaron aos partidos: inchables, xogos e sorteos completaron a gran festa do fútbol, que constitúe unha referencia para outras provincias galegas.

 

Destacar que "O Salgueirón" é un dos campos de fútbol remodelados pola Deputación Provincial e polo Concello de Soutomaior. Nas súas edicións anteriores a "Copa do Futuro" converteuse nunha das competicións deportivas de base de referencia na comunidade galega polas súas características especiais, porque non soamente é un torneo senón que é un evento no que se fomenta a convivencia entre os nenos e especialmente a deportividade.  

 

Máis información da competición AQUÍ "COPA DO FUTURO"

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO