Máis de 350 xóvenes empadroados en Soutomaior participarán nas ACTIVIDADES DE VERANO 2011

Os mozos e mozas do municipio de Soutomaior poderán disfrutar, unha vez máis, das ACTIVIDADES DE VERÁN que ofrecen as Concellarías de Deporte, Cultura e Xuventude dende hai máis de 10 anos. Durante todo o mes de xullo máis de 350 rapaces/zas de entre 3 e 16 anos empadroados no Concello (case o 50% da poboación entre 3 a 16 anos) terán a súa axenda repleta de actividades.
Hoxe, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o edil de Deportes, Francisco Iglesias, presentaron no salón de plenos da Casa Consistorial as "Máis de 50 ACTIVIDADES DE VERÁN" que se realizarán dende o día 4 ata o día 30 de xullo, entre as que nos encontramos hípica, vela e esquí náutico, sendeirismo, acampadas ou obradoiros de manualidades, son algunhas das moitas actividades que os inscritos realizarán durante este "Verán 2011".
Todos os venres pola noite terá lugar unha VELADA entre pais/nais e fill@s cunha gran diversidade de xogos, como por exemplo a busca do tesouro. Así mesmo, o sábado 16 de xullo terá lugar a FESTA DA BICICLETA dende o Peirao de Arcade, na que será obrigatorio o uso do casco e onde haberá un circuíto pechado para os máis pequenos. E a ACAMPADA para o grupo dos maiores serán os días 23, 24 e 25 do mesmo mes.
Os participantes serán repartidos por idades en 5 grupos: Grupo A (3 e 4 anos), Grupo B (5 e 6 anos), Grupo C (7 e 8 anos), Grupo D (entre 9 e 11 anos), Grupo E (entre 12 e 16 anos). Cada grupo terá polo menos dúas actividades semanais, sendo as actividades pola mañá e pola tarde. A maiores, contémplase que cada grupo teña dúas saídas en autobús, dunha xornada e de media. Este ano 2011 e debido ao probable número elevado de inscricións aumentárase o número de monitores fixos a 9 a parte dos monitores específicos de cada actividade.
Pecharanse as actividades o día 30 cun FESTIVAL no Peirao de Arcade (en caso de mal tempo no Pavillón Municipal "A Montesiña") e, como cada ano, estrearase o anuncio de promoción do Concello realizado polos nen@s das actividades e que durante dous anos seguidos conseguiu o primeiro premio da Feira Ferpalia ao mellor anuncio promocional. O festival será amenizado coa actuación da Compañía Pinga Teatro e a súa obra "O Bufón do Reino", un espectáculo dirixido a todos os públicos con participación activa dos espectadores.
Os interesad@s que estean empadroados en Soutomaior, poderanse anotar no Concello, no Pavillón "A Montesiña", na Biblioteca "Luis Seoane" ou na OMIX situada no Multiusos do 6 ao 20 de xuño. A presentación do programa das actividades darase a coñecer o sábado 2 xullo ás 12,00h da mañá no Multiusos de Arcade.
Máis de Deportes
- Kick Boxing Club Arcade
- Galicia Saudable
- Ascenso do C.D.Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- Os colexios de Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior e Vilaboa inician as actividades incluídas no programa "Xogade" da Xunta de Galicia
- O Concello de Soutomaior organiza un partido benéfico de baloncesto e unha homenaxe a Alfonso Pazos Martínez á súa longa traxectoria deportiva
- O Concello de Soutomaior premia o esforzo e a constancia dos equipos deportivos municipais
- Aberto o prazo de inscrición para as ESCOLAS DEPORTIVAS 2011-2012 DE SOUTOMAIOR
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













