O Concello de Soutomaior fomenta a práctica do deporte

O sábado máis dun centenar de afeccionados ao ciclismo de todas as idades participaron na FESTA DA BICICLETA realizando unha ruta polo municipio de Soutomaior. Iniciouse dende o Peirao de Arcade cun percorrido que alcanzou a zona da Montesiña, regresando ao punto de inicio, onde se realizou entre os participantes un sorteo de dúas bicicletas e diverso material deportivo.
Os máis pequenos puideron gozar dun circuíto pechado situado nas pistas polideportivas da zona portuaria. Como cada ano, a Festa da Bicicleta celébrase grazas á cooperación entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior.
Imáxes FESTA DA BICICLETA - CONCELLO SOUTOMAIOR
Próximas FESTAS DA BICICLETA en outros municipios

Resultados da ESCOLA MUNICIPAL DE ESQUÍ DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR na 1ª Proba da COPA DE GALICIA "ESQUÍ NÁUTICO"
MODALIDADE: MINISLALON
Agás o primeiro clasificado, os integrantes da Escola Municipal de Esquí lograron 5 clasificados dentro dos 6 primeiros.
2º.- Anair Alvarez
3º.- Javier Nogueria
4º Fernando Iglesias
5º.- Arantxa García
6º.- Andrea Barges
MODALIDAD: FLAGSLALON
O podio case ao completo para os participantes do Concello de Soutomaior
1º.- Nicolás Reguera
3º.- Nerea Gómez
4º.- Carla Segovia
O domingo, 7 de agosto, se celebrarase a 2ª PROBA da COPA DE GALICIA DE ESQUÍ NÁUTICO no Peirao de Arcade, organizada polo Club Náutico de Arcade co patrocinio do Concello de Soutomaior.
MÁIS ACTIVIDADES...
Seguen as ACTIVIDADES DE VERÁN´11 no municipio de Soutomaior para os mozos e mozas de entre 3 e 16 anos, a programación da 3ª semana xa está en marcha:

Dispoñibles as fotografías da 1ª e 2ª SEMANA
Máis de Deportes
- Kick Boxing Club Arcade
- Galicia Saudable
- Ascenso do C.D.Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- Os colexios de Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior e Vilaboa inician as actividades incluídas no programa "Xogade" da Xunta de Galicia
- O Concello de Soutomaior organiza un partido benéfico de baloncesto e unha homenaxe a Alfonso Pazos Martínez á súa longa traxectoria deportiva
- O Concello de Soutomaior premia o esforzo e a constancia dos equipos deportivos municipais
- Aberto o prazo de inscrición para as ESCOLAS DEPORTIVAS 2011-2012 DE SOUTOMAIOR
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













