Aberto o prazo de inscrición para as ESCOLAS DEPORTIVAS 2011-2012 DE SOUTOMAIOR

A Concellaría de Deporte de Soutomaior abre o prazo de inscrición para anotarse nas ESCOLAS DEPORTIVAS do novo curso 2011-2012, cunha ampla oferta de actividades para todos os gustos como natación, tenis infantil, liga local de fútbol sala, tenis e pádel, patinaxe, actividade física para adultos, baile moderno e salón, iniciación ao deporte, ximnasia rítmica...
O prazo de inscrición iniciouse o día 12 de setembro e finalizará o 23 do mesmo mes, para os interesad@s que estean empadroad@s o custo da inscrición será máis económico ademais de ter preferencia sobre os demais solicitantes. Todos os participantes dispoñerán dun seguro médico de accidentes deportivos. As cotas serán mensuais, agás Iniciación ao Deporte, e a Escola de Patinaxe, o pagamento farase de forma bimestral nas entidades bancarias previstas polo Concello. Así mesmo, as actividades contarán con monitores titulados. As Escolas Deportivas Municipais comezarán en outubro e quedarán clausuradas o 31 de maio.
Para máis información chamen o 986 700 964 - Pavillón Municipal de Soutomaior.
Máis de Deportes
- Kick Boxing Club Arcade
- Galicia Saudable
- Ascenso do C.D.Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- Os colexios de Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior e Vilaboa inician as actividades incluídas no programa "Xogade" da Xunta de Galicia
- O Concello de Soutomaior organiza un partido benéfico de baloncesto e unha homenaxe a Alfonso Pazos Martínez á súa longa traxectoria deportiva
- O Concello de Soutomaior premia o esforzo e a constancia dos equipos deportivos municipais
- Aberto o prazo de inscrición para as ESCOLAS DEPORTIVAS 2011-2012 DE SOUTOMAIOR
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













