PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Deportes e Pavillón Municipal

O Concello de Soutomaior premia o esforzo e a constancia dos equipos deportivos municipais

 

Onte, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, fixo entrega dunha Medalla Conmemorativa ao Mérito Deportivo a Alfonso Valcárcel pola súa traxectoria e logro alcanzado no XI Campionato do Mundo de Wushu conseguindo a MEDALLA DE PRATA para a Selección Española. Tamén estivo presente o director do Club Amigos do Wushu de Arcade e técnico da Selección Galega.

 

 

Entre o día 8 e o 15 de outubro tivo lugar na cidade de Ankara, Turquía, o XI CAMPIONATO DO MUNDO DE WUSHU, coa participación de 85 países e na que España se fixo coa MEDALLA DE PRATA a través de Alfonso Valcárcel.

 

O Club Amigos do Wushu de Arcade integrou a dous competidores na selección nacional na modalidade de combate ao ko, Alfonso Valcárcel 90kg, e Francisco Sobradelo en 75kg.

 

Curriculum deportivo de Alfonso Valcárcel: 12 veces campión de España, 2 medallas de bronce en campeonatos europeos, 2 veces campión de Europa, 2 medallas de bronce en campionatos mundiais.

 

Valcárcel tivo posibilidades de coroarse campión do mundo, chegou á final na cal se enfrontou a un competidor chinés (xunto cos rusos son os competidores máis fortes). O combate foi moi igualado xa que de 5 árbitros 3 levantaron empate. O cansazo acumulado, unha lesión no ombreiro produto dos combates anteriores e a dinámica de combate que se decide en tres asaltos, que non deixa marxe ao erro, fixo que Valcárcel non puidese vencer ao competidor chinés, quedándose coa medalla de prata.

 

O outro competidor Francisco Sobradelo, 8 veces campión de España, medalla de bronce no ultimo europeo e que participaba por primeira vez nun mundial, non tivo tanta sorte quedando eliminado en 32 avos , os nervios traizoárono e bloqueouse, aínda así gañou un dos 3 asaltos.

 

Que é o Wushu?

O wushu, coñecido tamén como wushu moderno ou wushu contemporáneo, é á vez un deporte de exhibición e de contacto, derivado das artes marciais de China. O wushu componse de dúas disciplinas: Taolu (rutinas) e Sanda (combate). Como deporte tradicional, o wushu forma parte da herdanza cultural do pobo chinés, que o veu enriquecendo a través dos séculos cos seus movementos elegantes e efectos saudables.

 

     

O Kickboxing Arcade cólgase medallas

 

 

Ao redor de 130 moz@s deportistas participaron nos campionatos galegos de kickboxing nas categorías infantil, cadete e senior, que tiveron lugar no pavillón municipal polideportivo de Marín. Para Soutomaior constituíu un verdadeiro éxito, xa que o Kickboxing Club Arcade foi o que máis medallas conseguiu entre todos os que concorreron, de maneira que se fixo acredor ao trofeo destinado ao MELLOR CLUB clasificado e ao trofeo á MELLOR COMPETIDORA, Paula Sobral.

 

A estes campionatos concorreron deportistas maiores de 13 anos, repartidos en vinte e seis categorías e en representación de dezasete clubs procedentes de toda a xeografía galega.

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO