PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Deportes e Pavillón Municipal

O Concello de Soutomaior organiza un partido benéfico de baloncesto e unha homenaxe a Alfonso Pazos Martínez á súa longa traxectoria deportiva

 

Como todos os anos, o Concello de Soutomaior organiza un PARTIDO BENÉFICO que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de decembro, no Pavillón Municipal de "A Montesiña" a partir das 17:00 horas.

 

En anos anteriores disputábase un partido de fútbol no Campo Municipal de Salgueirón (Arcade) pero neste ano 2011 disputarase un partido de BALONCESTO entre xogadores e ex-xogadores do Club Baloncesto Arcade, así mesmo, participarán os párrocos e membros da corporación entre outros. A recadación de todos os asistentes e participantes (1€) destinarase ao labor humanitario de Cáritas. 

 

  

No descanso do partido renderase unha merecida HOMENAXE A ALFONSO PAZOS MARTÍNEZ que durante 60 anos leva compaxinando labores de xogador, adestrador e presidente do Club de Baloncesto de Arcade.

 

Alfonso Pazos Martinez, nace en Arcade no ano 1937. Nos seus 74 anos está vinculado desde os 14 anos no baloncesto de Arcade como xogador, delegado, utillero, presidente, en todas e cada unha das facetas que son necesarias para levar adiante un club deportivo. Sesenta anos ligados ao Baloncesto en Arcade cos seus inicios no Campo da Cerámica que foi cambiando de lugar por como o di nas súas "memorias" que as diversas sancións federativas polo efusivo comportamento do publico cara aos árbitros determinaron as clausuras das distintas canchas de xogo.

 

 

Lembra Alfonso Pazos, os partidos pola noite en Vigo onde se desprazaban na furgoneta de Lorenzo Verde aquelas de manivela en que ían mesturados os xogadores de baloncesto e as recoiro que levaba o propietario para facturar na estación de ferrocarril de Vigo.

 

Os anos 60 onde se montou o equipo da factoría de Pontesa e naquel campo ao aire libre e de terra aireado a todos os ventos que se presentaban no fondo da Ría.

 

Nomeado no ano 1967 delegado do Plan Hesperia para a campaña Cen mil Minibasquistas, fíxose a pico e pa a cancha de minibasket na Devesa e por alí pasaron todos os nenos e nenas de Arcade e de Soutomaior que neste momento ao seu cincuenta e tantos anos gardan na súa memoria o campo encharcado e os resultados "avultados" de 11-9, 10-8, ...

 

Esta foi a canteira que posibilitou que o deporte local conseguise o seu primeiro éxito no ano 1971 a nivel nacional cando o Colexio Cervantes de Arcade logra contra a Granada a medalla de bronce do Campionato Nacional de Baloncesto Escolar.

 

Ao ano seguinte despois de vencer na semifinal ao colexio Serrano de Bilbao por 47-33 plántanse na final contra o San José de Badalona onde perden por 51-35 e proclámanse subcampións de España.

 

   

  

Participa en varios stages, clinics e concentracións de baloncesto como en Egipto, Madrid ou Barcelona. Asiste de invitado a varios Eurobasket e imparte xunto con auténticas lendas de baloncesto, como Lou Camneseca e Antonio Díaz Miguel, os seus coñecementos do baloncesto.

 

Por este sesenta anos de dedicación ao deporte local, o sábado 17 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de "A Montesiña", Alfonso Pazos recibirá de todos os xogadores e ex-xogadores, clubs locais e organismos oficiais unha homenaxe á súa longa traxectoria deportiva.

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO