Os colexios de Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior e Vilaboa inician as actividades incluídas no programa "Xogade" da Xunta de Galicia

Dentro do programa "Xogade" organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboración coa Agrupación Deportiva "Arcadia" celebrouse no Pavillón Municipal de Soutomaior as xornadas de "Xogando co Atletismo" que ten como finalidade facilitar a práctica deportiva dos alumnos máis cativos, potenciar os xogos motrices como instrumento educativo, facilitar a iniciación ao atletismo e achegarse aos coñecementos de aspectos básicos deste deporte e facilitar un primeiro contacto lúdico con leste e por ultimo fomentar a práctica atlética educativa e saudable.
Catro colexios da zona, Santiago Apóstol de Soutomaior, Curros Enríquez de Pazos de Borbén, Ceip Toural de Vilaboa e Ceip de Cedeira en Redondela, disputaron cinco probas individuais e dúas probas de substitucións en equipo, tanto masculinas como femininas.
As probas individuais consistiron en carreiras de 10 x 10, lanzamento de xavelina branda, salto con pés xuntos, lanzamento de balón medicinal cara atrás e salto lateral de obstáculo.
As probas de substitucións por equipos é unha proba de velocidade de 5 x 2 voltas.
O programa "Xogade" consta dos seguintes apartados:
1. ACTIVIDADE DEPORTIVA Son os xogos deportivos en idade escolar da Comunidade Autónoma de Galicia con 22 Modalidades Deportivas.
2. ACTIVIDADE LÚDICA Xornadas de achegamento de actividades lúdicas a centros educativos.
3. COÑECE O MEU CLUB Actividade ofertada a todos os Clubs Deportivos inscritos no rexistro de Clubs da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES Exposición itinerante polos centros escolares e unha guía didáctica para o profesorado.
5. XOGOS POPULARES Taller de xogos populares con paneis informativos, baúl de xogos e fichas explicativas para poder realizar esta actividade nos centros escolares.
Os tres primeiros clasificados de cada proba individual e por grupos recibiron do alcalde de Soutomaior, Agustin Reguera, as súas correspondentes medallas.

Despois das Festas Do Nadal volverase á competición entre colexios con outras modalidades deportivas como badminton ou baloncesto. Para finalizar o 25 de maio nunha xornada de Clausura con todos os participantes.
FOTOGRAFÍAS DA XORNADA “Xogando co Atletismo”
Máis de Deportes
- Kick Boxing Club Arcade
- Galicia Saudable
- Ascenso do C.D.Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- Os colexios de Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior e Vilaboa inician as actividades incluídas no programa "Xogade" da Xunta de Galicia
- O Concello de Soutomaior organiza un partido benéfico de baloncesto e unha homenaxe a Alfonso Pazos Martínez á súa longa traxectoria deportiva
- O Concello de Soutomaior premia o esforzo e a constancia dos equipos deportivos municipais
- Aberto o prazo de inscrición para as ESCOLAS DEPORTIVAS 2011-2012 DE SOUTOMAIOR
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













