A Escola Infantil de Soutomaior "Galiña Azul" clausura o curso cun acto protagonizado polos mais peques
O pasado venres ás 18 h da tarde tivo lugar o acto de
clausura da Escola Infantil Municipal "Galiña Azul" de Soutomaior.
A xornada desenvolveuse no Multiusos de Arcade, á que asistiron o Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a
Concelleira de Educación, Marisa
Comesaña; ademais de contar coa presenza de case 200 pais,
familiares e amigos que presenciaron o espectáculo ofrecido polos seus peques.
A escola infantil de Soutomaior
foi inaugurada o 16 de setembro do 2009 pola Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato,
acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucia Molares, e o Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera.
A Xunta de Galicia
investiu, nas novas instalacións de case
"Hoxe os
protagonistas son eles,
os mais pequenos, é unha gran
satisfacción velos actuar" comenta Agustín Reguera mentres non perde de
vista as actividades do acto, prosegue "queremos o mellor para os cativos, por iso temos encargado un proxecto para
equipar ás instalacións
da escola
infantil con aire acondicionado".
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













