Agustín Reguera e Marisa Comesaña supervisan as OBRAS realizadas nos COLEXIOS PÚBLICOS

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, xunto á Concelleira de Educación, Marisa Comesaña, realizaron onte un percorrido polos colexios do municipio nos que se realizaron diversas melloras. O propósito da visita foi a supervisión das obras executadas e finalizadas para o inicio do curso escolar.
Como explica Agustín Reguera, "trátase dunha visita ós centros para coñecer o resultado das obras, falar cos seus responsables e sobre todo comprobar que os nosos nenos e nenas estudan nas mellores condicións posibles".
As obras executadas na Escola Infantil de Romariz consistiron na instalación dun novo chan de madeira, a colocación de cortiza nas paredes laterais, a mellora do vestíbulo da entrada e a limpeza do patio exterior.
Na Escola de Oliveira de Arcade creáronse dous novos cuartos de baño con servizos adaptables para nenos/as, pintáronse as aulas e mellorouse o patio.
Por último, no Colexio Manuel Padín Truiteiro revisouse a parte eléctrica, arranxáronse ventás e persianas e mellorouse o ámbito exterior.
O Alcalde destacou a aposta do goberno local pola educación, con grandes investimentos na mellora dos centros educativos e co desenvolvemento de diversos servizos e programas que fan de Soutomaior un exemplo como municipio educador. Así, a Concellería de Educación acaba de investir máis de 10.000 euros na renovación e mellora dos centros educativos da localidade "o que supón un esforzo económico e un exemplo do noso compromiso pola educación pública e de calidade" engade a edil Marisa Comesaña.
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













