O Alcalde de Soutomaior asina un CONVENIO DE COLABORACIÓN coa ANPA do Colexio Manuel Padín Truiteiro para a xestión do comedor escolar
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, asinou xunto coa Presidenta da "Asociación de Nais e Pais" (ANPA) de alumnos/as do centro público do municipio, Mª Jose Sobral, un convenio co fin de establecer axudas económicas destinadas ás familias con dificultades de asumir o custo do servizo do comedor do Colexio Público Manuel Padín Truiteiro.
O presente convenio pretende fomentar a existencia do servizo de comedor escolar do novo curso 2010/2011 no CPI Manuel Padín Truiteiro. O comedor escolar ademais de cumprir unha función básica de alimentación e nutrición, desempeña unha destacada función social, por iso a Concellería de Educación de Soutomaior, dirixido pola edil Marisa Comesaña, colaborará economicamente coa prestación do servizo, axudando así ás familias con menores ingresos. As accións previstas neste convenio financiaranse a cargo do Concello de Soutomaior por importe máximo de 10.000 euros.
O prazo de solicitude da axuda municipal abrirase dende o 15 de setembro ata o 15 de outubro. A subvención financiará o 50% do custo total do uso do comedor escolar ás familias do alumnado de educación infantil (segundo ciclo) e educación primaria.
O baremo para determinar quen pode acollerse a este tipo de axudas ten en conta os ingresos da unidade familiar así como outros aspectos coma se se trata de familias numerosas, etc. Algúns dos requisitos solicitados:
- Ser pai, nai ou titor dun alumno/a matriculado no curso 2010/2011 nun dos cursos do CPI referido.
- Que o solicitante das axudas e o alumno convivan e estean empadroados no Concello de Soutomaior.
- Non ter débedas con ningunha entidade pública.
- Cumprir un baremo económico recollido no Bando (ingresos da unidade familiar).
Para máis información chamar a Servicios Sociais do Concello de Soutomaior ao 986 705 114 ou entrar nos seguintes enlaces:
http://www.soutomaior.com/actualidade/bases_reg_axuda_comedor.pdf
http://www.soutomaior.com/actualidade/axuda_come.pdf
Para Agustín Reguera a firma deste convenio é moi satisfactoria xa que "axudará a moitas familias que necesitan utilizar o servizo de comedor do colexio pero dada a súa situación económica non poden facelo".
A Concelleira de Educación, Marisa Comesaña, manifestou que "a pesar de que o prezo do comedor non é moi alto hai familias que teñen dificultades para asumir o custo polo que, estas axudas, son moi necesarias".
OUTRAS INICIATIVAS DESENVOLVIDAS POLO CONCELLO DE SOUTOMAIOR: Programa de hábitos saudables "Aprende coa Mascota Sansan" curso 2009/2010 no CPI Manuel Padín Truiteiro organizado pola Concellería de Xuventude de Soutomaior.
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre














