O Concello de Soutomaior e o equipo de normalización lingüística do CPI Manuel Padín Truiteiro, RENOVAN O ACORDO PARA FOMENTAR A LINGUA GALEGA
O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera Ocampo e o coordinador do equipo de normalización lingüística do C.P.I. Manuel Padín Truiteiro, Francisco Obelleiro Piñón, renovaron por terceiro ano consecutivo, o acordo de colaboración entre o Concello e o equipo deste centro para promover o uso da lingua galega entre os nenos e nenas.
Así, o Concello de Soutomaior comprométese a financiar unha actividade en galego por trimestre ben sexa de teatro, de monicreques ou musical en horario lectivo e a realizar no Multiusos, para tódalas idades.
Esta iniciativa forma parte dunha serie de actividades que se están a levar a cabo en Soutomaior para fomentar a nosa lingua, como é o Certame de Micronovela en galego, o Taller Trilingüe que se desenvolve na Biblioteca Municipal ou o Concurso de Relatos Eróticos que organiza a Consellería da Muller a través do Centro de Información á Muller.
Axenda Municipal
Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com OBRADOIRO DE BAILES LATINOS + INFO |
Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com PROGRAMA DE VOLUNTARIADO + INFO |
Máis leídos
- Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Soutomaior
- HISTORIA, CULTURA E TRADICIÓNS ÁRABES na Biblioteca Municipal de Soutomaior
- O Concello dota de herba artificial o campo de fútbol de Soutomaior
- O Castelo de Soutomaior acolle a rodaxe de PIRATAS, nova serie de Telecinco
- Xuventude publica as actividades do 2º Trimestre













