PDF Imprimir Correo-e
Artigos de Educación

Educación pon en marcha unha nova aula na Escola Unitaria de Romariz

 

O alumnado da Unitaria de Romariz, nenos e nenas entre 3 e 5 anos, poderán disfrutar das novas instalacións do centro con maiores espazos, mobiliario a estrear e material didáctico, que lles facilitará o ensino e a aprendizaxe durante o curso 2011-2012. Así o explicou esta mañá o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, xunto ao Xefe Territorial da Consellería de Educación, Cesar Pérez, durante a visita á nova Unitaria de Romariz. Tamén acudiron á visita numerosas nais.

  

 

 

O Concello de Soutomaior financiou e rehabilitou un local anexo ao centro de Romariz con novos baños, chan, calefacción, falso teito, instalación eléctrica entre outras melloras como a colocación de cortiza nas paredes laterais, a mellora do vestíbulo da entrada e a limpeza do patio exterior. Todo iso co fin de optimar a calidade na educación dos xóvenes que acoden cada día á escola, sumándolle así unha aula máis ao centro (dúas aulas en total). Como explica Agustín Reguera, “trátase dunha visita para coñecer o resultado das obras, falar coas docentes así como os pais e nais para ter en conta a súa opinión e sobre todo comprobar que os nosos nenos e nenas estudan nas mellores condicións posibles”. 

 

O investimento realizado polo Concello de Soutomaior nas devanditas obras foi de 20.000 euros. Por outra banda, a Consellería de Educación financiou o novo mobiliario do centro e unha gran variedade de material didáctico. Grazas á rehabilitación do centro púidose incrementar o número de alumn@s ata un total de 24.

 

NOVIDADES NA ESCOLA DE OLIVEIRA

A Escola de Oliveira en Arcade estrea aula de Pedagoxía Terapéutica. A aula PT persegue uns obxectivos de intervención orientados ao alumnado, profesionais do centro, e á familia. O Concello de Soutomaior tamén levou a cabo labores de mantemento (arranxo de xanelas e persianas, pintáronse aulas, etc.) e melloras no contorno exterior.

 

O alcalde destacou a aposta do goberno local pola educación, con grandes investimentos na mellora dos centros educativos e co desenvolvemento de diversos servizos e programas que fan de Soutomaior un exemplo como municipio educador. Así, a Concellaría de Educación acaba de investir máis de 25.000 euros na renovación e mellora dos centros educativos da localidade "o que supón un esforzo económico e un exemplo do noso compromiso pola educación pública e de calidade" engade a edil Fátima Vidal.

 



 

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas

Ludoteca Miúdos. Máis info en OMIX: 986 700 822 omix@soutomaior.com

OBRADOIRO DE BAILES LATINOS

+ INFO


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO